Enerxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Ksc-69pc-442.jpg|miniatura|260px|dereita|Un [[foguete]] espacial posúe unha gran cantidade de [[enerxía química]] (no [[combustible]]) pronta a se utilizar en canto espera na rampla. Cando o combustíbel se queima, esta enerxía transfórmase en [[calor]] (outra forma de enerxía) e tamén en [[enerxía cinética]] debido a que os gases de escape producidos impelen o foguete para arriba.]]
En [[física]]quimica, a '''enerxía''' é todo aquilo que pode transformarse en [[calor]], [[Traballo (física)|traballo]] mecánico ([[movemento]]) ou radiación electromagnética como a [[luz]] mediante procesos físicos. Isto pode ocorrer de xeito natural e espontáneo ou grazas a unha [[máquina]] (por exemplo [[Motor (máquina)|motor]], [[caldeira]], [[refrixerador]], [[altofalante]], [[lámpada]]) ou tamén a un organismo vivo (por exemplo os [[músculo]]s) etc. En rigor é un concepto fundamental, aceptado pola física sen definición.
 
Calquera cousa que estea a traballar -por exemplo, a mover outro obxecto, a quece-lo ou a facelo atravesarse por unha [[corrente eléctrica]] - está a gastar enerxía (na verdade ocorre unha "transferencia", pois ningunha enerxía é perdida, e si transformada ou transferida a outro corpo). Polo tanto, calquera cousa que estea pronta a traballar posúe enerxía. En canto o traballo se realiza, ocorre unha transferencia de enerxía, parecendo que o suxeito está a perder enerxía. Na verdade, a enerxía está a ser ''transferida'' para outro obxecto, sobre o cal o traballo se realiza.