Loucura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Liña 22:
== A loucura na historia ==
 
[[Ficheiro:Uniesień-aka-Ecstasy,Podkowinski - Frenzy,-La- Folie,-Ekstase-1894.jpg|miniatura|[[Władysław Podkowiński]], ''La Folie'', 1894.]]
 
Da máis remota antigüidade teñen chegado ata nós achados que invitan a pensar que as [[civilización]]s primitivas tiñan xa a loucura asimilada como unha condición de anormalidade en medio da normalidade. Así, téñense atopado restos [[Arqueoloxía|arqueolóxicos]] entre os que figuran anacos de [[óso]] do [[cranio]] humano sobre os que foron practicadas operacións de [[trepanación]]. Xeralmente acéptase que estes restos datan de entre o [[Neolítico]] e o [[Idade do Bronce|Bronce]] antigo. A carencia de fontes documentais obriga a manter a súa interpretación nun nivel de hipótese, das cales a máis aceptada é que se trataba de intervencións encamiñadas a poñer remedio á loucura dun paciente, aínda que se admite que poderían ter un certo valor ritual ou mesmo máxico. Chama a atención o elevado grado de perfección técnica na súa execución, que permitiría a supervivencia da persoa á que se lle practicaban estas trepanacións, e incluso a existencia de cranios con varias trepanacións non simultáneas. O achado de numerosas trepanacións ''post mortem'' confirmaría o seu carácter máxico ou ritual<ref name= domenech>DOMÈNECH, E. ''[https://docs.google.com/viewer?a=v&q=cache:fPedXpuQ7ZUJ:www.ramc.cat/publicacions/45-Historia%2520psicopatologia.pdf+&hl=gl&gl=es&pid=bl&srcid=ADGEESh5xGYyiAOFze4Pot7lgjo8hCxXTSBMoY6_VFVpoVmeihvy8IbM2IYXj2_x4uTivmoihvSPZNPwA9dKWnpvTsL6vbdXGTRFZgVxI0Q53o-9ZZJMcMQwZfMKthaUA7FQO0R_4qiJ&sig=AHIEtbS5WxTePvAcuPAmKZUnhWA32bjDwA Introducción a la historia de la psicopatología]''. Universidade de Barcelona, 1991. {{es}}</ref>.