Nivel medio do mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 13:
A medición do nivel medio do mar foi tradicionalmente feita con base nas lecturas dos [[marégrafo]]s, instrumentos que permiten medir a variación do nivel das augas nun determinado lugar. Eliminando dos datos recollidos as flutuacións debidas ás ondas, a factores meteorolóxicos e ás mareas e outros factores astronómicos, obtense unha lectura do nivel medio do mar durante determinado período de referencia ao ''datum'' utilizado.
 
As medicións así obtidas incorporan os efectos [[eustático]]s e [[isostático]]s, sendo en xeral escollidos como referencia para o ''datum'' ambientes xeolósicosxeolóxicos estábeis, isto é, onde as variacións isostáticas e outras que afecten a altitude do ponto de referencia sexan nulos, illando así só os efectos [[eustático]]s.
 
Esta dependencia en relación ao ''datum'' (referencial de altitude) e a necesidade de obter medicións sobre áreas extensas de océano onde non se dispón de referenciais adecuados, levou, por un lado, á utilización de medicións con base na reflexión de radiación electromagnética a partir dun [[satélite]] ([[altimetría]] por satélite), e por outro, á utilización de sistemas de posicionamento global (como o [[GPS]]) na medición. Estas medicións, por non dependeren dos movementos relativos da [[codia terrestre]], polo menos directamente, e se poderen reportar a grandes áreas oceánicas, son máis seguras e permiten unha mellor avaliación do nivel medio do mar e da súa variación.