Éxodo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "ar:سفر الخروج" é un artigo bo; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
Os servos do Faraón entraron en tódalas casas do pobo hebreo, matando a todo fillo home das familias dese pobo. Un só neno, que sería Moisés, sobreviviu a esa matanza, pois foi ocultado durante tres meses para impedir que fose exterminado coma os demais nenos da súa xeración. Como a súa nai non puido ocultalo máis tempo, calafateou unha cesta de [[papiro]], meteu nela ó neno e colocouna nun xuncal do [[Nilo]].
 
A corrente do río leva ó pequeno Moisés ata o lugar onde se estaba bañando a filla do Faraón en compaña das súas doncelas. A filla do Faraón atopa o neno, e tras comprobar que é hebreo, compadécese del e decide coidalo. A [[ama de cría]] que encontra é a propia nai do neno, á que lle da un salario a cambio de aleitalo. Cando Moisés medra, a súa nai dállo á filla do Faraón. É agora cando a Moisés lle é dado o seu nome, que significa ''chegado das augas''.
 
Moisés vive na corte do Faraón, onde recibe a educación dun príncipe exipcio, aprendendo a escritura e tendo así acceso a toda a sabedoría do pobo exipcio. Moisés convértese nun mozo forte, de temperamento impulsivo e corazón apaixonado.