Hatshepsut: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 56 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q129234
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 117:
=== A momia da raíña ===
 
A momia de Hatshepsut foi presentada ao público en xuño de [[2007]], logo de longos períodos de incerteza acerca da súa correcta identificación. [[Zahi Hawass]], Secretario Xeral do Consello Supremo de Antigüidades en Exipto, asegurou que se trataba do descubrimento arqueolóxico máis importante desde o achado da tumba de [[Tutankamón]], en [[1922]]. A momia puido identificarse mediante a análise dunha moa da mesma. Así se confirmaba a teoría de Zahi Hawass, quen afirmara previamente que a momia era da raiña faraón, cando nun principiou confundiuse coa momia da súa [[ama de críaleite]], enterrada xunto a ela.
Ambas as momias foron descubertas na tumba [[KV60]] do [[Val dos Reis]]. Este sepulcro foi construído pola propia Hatshepsut destinado á súa ama de cría, á que profesaba un gran agarimo, a dama Sitra, e nel acháronse os corpos dunha muller duns corenta ou cincuenta anos e dunha anciá obesa de máis de sesenta anos, que presentaba a peculiaridade de ter o brazo esquerdo dobrado nunha posición claramente de raíña. Foi entón cando se empezou a pensar que dita momia pertencía a Hatshepsut, dada a anómala posición do brazo. Iso xeraba múltiples cuestións, ¿como querería enterrarse esta muller, como unha gran esposa real ou como un faraón, cos dous brazos cruzados sobre o peito? ¿Permitiría Tutmosis III que o seu madrastra fose enterrada na posición típica dos reis?