Fibrilación auricular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Silverfox (conversa | contribucións)
→‎Tratamento: engado novos tratamentos.
Liña 22:
* [[Heparina]]: o estándar actual é a heparina de baixo peso molecular, inxectada subcutánea, xeralmente no [[abdome]]. A heparina fraccionada pode empregarse nalgúns casos agudos con hospitalización, nos que exista un risco alto dalgún sangrado. É unha heparina difícil de regular, que esixe controis cada hora, pero coa gran vantaxe de que os seus efectos son reversibles en segundos ou minutos coa administración de sulfato de protamina. A dose axústase en base ao tempo parcial de activación de tromboplastina (TTPA).
* [[Acenocumarol]] ou Sintrom. Adminístrase por vía oral e por iso é de elección para o tratamento domiciliario. A súa dose debe axustarse cada certo tempo en base ao tempo de [[protrombina]] ou á súa normalización internacional (INR).
* Novos anticoagulantes orais (NACO): son un conxunto de fármacos orais que están aprobados para fibrilación auricular non debida a alteracións das [[válvula cardíaca]]s: [[dabigatrán]], [[rivaroxabán]], [[apixabán]] e [[edoxabán]].
* Dabigatrán: efecto semellante ao acenocumarol, pero non precisa controis periódicos.
* [[Ácido acetilsalicílico]]. Non é un anticoagulante, é un antiagregante. Impide que as [[plaqueta]]s se unan unhas ás outras. Debe administrarse conxuntamente un protector [[estómago|estomacal]] para evitar hemorraxias dixestivas altas. Existe risco de agravar patoloxías renais previas.
* [[Clopidogrel]]. Outro antiagregante, de funcionamento semellante á aspirina.