Diferenzas entre revisións de «Arbo»

m
O documento escrito máis antigo sobre Arbo e as súas terras é a concesión dun privilexio por parte do rei [[Afonso VII]], que fai ao [[mosteiro de Melón]] unha doazón deste territorio. Consérvanse numerosos documentos posteriores en relación con outros privilexios e doazóns do mesmo mosteiro.
 
O enclave xeográfico que ocupa a zona, fronte á vila de [[Melgaço]] á outra banda do río, provocou que se vise directa ou indirectamente afectada por diferentes conflitos bélicos. Así, durante os séculos XVI e XVII tivo lugar a guerra de sucesión trala separación de [[Portugal]] da Coroa española con [[Filipe IV de España|Filipe IV]]. Xa no [[século XIX]], durante a [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]], en febreiro de [[1809]] tivo lugar un enfrontamento entre as tropas francesas e os veciños do lugar, que non foron quen de defender a [[ponte de Mourentán]], un paso importante.
 
== Patrimonio ==
419

edicións