Ubi sunt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ referencias
+ intro desde es:wiki
Liña 3:
{{título en cursiva}}
 
'''''Ubi sunt?''''' é un tópico [[Latín|latino]] que significa literalmente "Onde están?" e fai referencia á fugacidade do [[tempo]]. Ten a súa orixe na frase "''Ubi sunt qui ante nos in hoc mundo fuere?''" ("Que foi dos que viviron antes ca nós?"), utilizada xa na literatura da [[Imperio Romano|Roma Clásica]], pasando despois ás literaturas romances e á [[literatura europea]].

==Características==
Reflicte unha forma de pensar propia da [[idade media]]: a concepción da [[vida]] coma un tránsito á vida despois da [[morte]]. Xa no [[século XV]] foi empregado por por [[François Villon]] na obra ''[[Ballade des dames du temps jadis]]'' e por [[Jorge Manrique]] nas ''[[Coplas a la muerte de su padre]]''.
 
Na [[literatura galega do século XX]] este tópico aparece no poemario ''[[Dona do corpo delgado]]'' de [[Álvaro Cunqueiro]] ([[1950]]) nos poemas "Rondeau das señoras donas pintadas no ouso do [[Igrexa de Vilar de Donas|Vilar]], no século XIV, cheirando unha frol" e "Rondeau da dona enterrada en [[Baión, Vilanova de Arousa|San Xohán de Badón]], con dous anxos aos pés", pezas ambas as dúas de certo carácter [[Neotrobadorismo|neotrobadoresco]]. Tamén aparece no poema "[[María Balteira]]" de [[Darío Xohán Cabana]] (1992)<ref>[[Teresa López|López, Teresa]] (1999): "María Balteira, señora do tempo pasado". En ''Cinguidos por unha arela común: homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero''; pp 795-812.</ref>, así como no poema en castelán "Ayer" de [[María Mariño]]<ref>[[Olga Novo|Novo, Olga]] (2007): "Pía o paxaro da paz. O Courel de María Mariño". ''Boletín da Real Academia Galega'' nº 368; pp. 85-102.</ref>.