Amando de Ossorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
''Las Garras De Lorelei'', posterior a ela, trataría sobre unha serie de sanguentos crimes nunha vila costeira, a cargo dun estraño monstro descrito por vellas [[lenda]]s locais.
 
En 1980 rodou en [[Camariñas]] ''Pasión prohibida'', protagonizada por [[Susana Estrada]]. Logo de problemas co produtor José Sánchez Vaquero pediulle axuda para o financiamento a [[Chicho Ibáñez Serrador]], quen lle pediu que introducise escenas [[Erotismo|eróticas]]. O film tivo boa acollida.
 
A súa última película, ''Serpiente de mar'', lastrada por importantes problemas de produción e de saúde do propio Ossorio, foi rodada na súa terra natal, a [[Costa da Morte]]. Unha rodaxe accidentada minou aínda máis a saúde do realizador, daquela un home de 67 anos.