Suor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 55:
[[Ficheiro:Demonstration of Sweat.jpg|miniatura|dereita|Suando despois de facer exercicio.]]
 
Suar permite ao corpo regular a temperatura. A suoradión está controlada por un centro nervioso situado nas rexións preóptica e anterior do [[hipotálamo]] cerebral, onde están localizadas as neuronas sensibles á temperatura. A función reguladora da calor exercida polo hipotálamo é tamén afectada polos sinais enviados polos receptores de temperatura da [[pel]]. Unha temperatura alta na pel reduce a temperatura á que o hipotálamo activa a suoración e incrementa a ganancia doo sistema de [[retroalimentación]] do hipotálamo en resposta a variacións na [[temperatura]] central. Porén, en conxunto, a resposta de suoración a unha elevación da temperatura ("central") do hipotálamo é moito maior que a resposta ao mesmo incremento na temperatura media da pel.
 
A suor causa unha diminución da temperatura por arrefriamento por evaporación na superficie cutánea. A medida que as moléculas de auga de alta enerxía evaporan da pel, retiran enerxía calorífica do corpo, polo que a pel e o [[sangue]] dos vasos sanguíneos superficiais diminúen a súa temperatura. O sangue venoso arrefriado volve despois ás partes internas do corpo e contrarresta a subida da temperatura central.