Carlos I de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
+táboa de contidos
Liña 1:
{{Infpolitico
[[Ficheiro:34- Rei D. Carlos - O Diplomata.jpg|150px|miniatura|Retrato de D. Carlos I de Portugal]]
|nome = Carlos I de Portugal
|imaxe = [[Ficheiro:Carlos I de Portugal.jpg|180px]]
|cargoexecutivo1= [[Rei de Portugal]]
|periodo1 = [[19 de outubro]] de [[1889]] - [[1 de febreiro]] de [[1908]]
|antecesor1= [[Luís I de Portugal]]
|sucesor1= [[Manuel II de Portugal]]
|cargoexecutivo2=
|periodo2=
|antecesor2=
|sucesor2=
|datadenacemento = [[28 de setembro]] de [[1863]]
|cidadedenacemento = [[Lisboa]]
|paisdenacemento = [[Portugal]]
|datafalecemento = [[1 de febreiro]] de [[1908]]
|cidadefalecemento = [[Lisboa]]
|paisfalecemento = [[Portugal]]
|partido =
|cargos =
|cónxuxe= Amelia de Orleans
|profesión=
}}
'''Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José Simão de Saxonia-Coburgo-Gotha e Bragança''', coñecido como '''Carlos I de Portugal''', alcumado ''o Martirizado'' ou ''o Mártir'', nado en [[Lisboa]] o [[28 de setembro]] de [[1863]] e falecido o [[1 de febreiro]] de [[1908]], foi o penúltimo [[rei de Portugal]].
 
Liña 7 ⟶ 28:
Carlos converteuse en rei o 10 de outubro de [[1889]]. Home intelixente pero propenso á extravagancia, as políticas, despilfarros e amoríos extramaritais de Carlos selaron o destino da monarquía portuguesa. Os tratados coloniais co [[Reino Unido]] (un asinado en agosto de 1890, que definiu as súas fronteiras africanas ao longo do Zambeze e o Congo, e outros asinados o 14 de outubro de 1899 que confirmaban os tratados coloniais do século XVII) estabilizaron a situación en África. En política interior, [[Portugal]] foi declarada en bancarrota dúas veces -o 14 de xuño de 1892, e novamente o 10 de maio de 1902 - causando disturbios industriais, antagonismo con socialistas e republicanos, e a crítica da prensa á monarquía. Carlos respondeu ao nomear a João Franco como primeiro ministro e subsecuentemente aceptando a disolución do Parlamento.
 
[[Ficheiro:34- Rei D. Carlos - O Diplomata.jpg|150px|esquerda|miniatura|Retrato de D. Carlos I de Portugal]]
O 1 de febreiro de 1908, a familia real regresaba do palacio de Vila Viçosa a Lisboa. Viaxaban en coche cara a Almada, e logo tomaron un barco para cruzar o [[río Texo]], e desembarcaron en Cais do Sodré, no centro de Lisboa. No seu camiño cara ao palacio real, a carruaxe con Carlos I e a súa familia pasou por Terreiro do Paço. Mentras cruzaban a praza, foron disparados varios tiros desde a multitude por polo menos dous homes: Alfredo Costa e Manuel Buiça. O rei morreu inmediatamente, o seu herdeiro Luís Filipe foi mortalmente ferido, e o príncipe Manuel foi alcanzado nun brazo. Os asasinos foron mortos a tiros no lugar polos escoltas e posteriormente recoñecidos como membros do Partido Republicano. Aproximadamente vinte minutos despois, o príncipe [[Luís Filipe de Bragança|Luís Filipe]] morreu, e días máis tarde, [[Manuel II de Portugal|Manuel]] foi proclamado rei de Portugal, o último da dinastía dos Bragança-Wettin.