Suor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 64:
 
==Evolución==
Segundo a hipótese da resistencia na carreira<ref> Bramble, Dennis; Lieberman, Daniel (November 2004). "Endurance running and the evolution of Homo". Nature 432. [http://www.nature.com/nature/journal/v432/n7015/abs/nature03052.html]</ref>, a suoración [[evolución|evolucionou]] nos antepasados humanos, como o ''[[Homo erectus]]'' para mellorar a disipación de calor durante a persecución prolongada das presas que cazaban. As presas eran máis rápidas, pero sobrequecían en carreiras longas, que os humanos podían manter, polo que finalmente tiñan que parar e podían ser capturadas. O sistema de disipación das presas era principalmente ampear, mentres que os humanos evolucionaron mellorando a suoración. Coa suoración a superficie pola que se perde calor é maior e é independente da respiración, polo que é un mellor método para refrescarse sen parar de correr. Como a suoración nos humanos está controlada a un nivel neuronal máis alto que noutras especies, isto permite unha maior produción de suor por unidade de superficie. Ademais, a evolución da suoración foi acompañada dunha perda progresiva de pelo corporal, o que tamén favoreceu a disipación.<ref> Carrier, D.R.; et al. (Aug–Oct 1984). "The Energetic Paradox of Human Running and Hominid Evolution". Current Anthropology 25 (4): 483–495. doi:10.1086/203165. JSTOR 2742907.</ref> Non obstante, esta hipótese ten tamén os seus críticos. <ref> Pickering, Travis Rayne; Bunn, Henry (January 2007). "The endurance running hypothesis and hunting and scavenging in savanna-woodlands". Journal of Human Evolution (53) [http://archive.is/FvgQ].</ref>
 
== Notas==