Suor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
de es:Sudor
Liña 5:
Nos [[humano]]s, suar é principalmente un medio de [[termorregulación]] que funciona porque a secreción das glándula écrinas é moi rica en auga. A [[auga]], ao ter unha elevada [[calor latente]] de vaporización, absorbe moita calor do corpo cando se evapora na superficie da pel, polo que refresca a temperatura corporal. As maiores taxas de suoración dun adulto adoitan ser de 2-4 litros por hora ou 10-14 litros por día (10-15 g/min•m²), pero é menor nos nenos antes da [[puberdade]].<ref>Jessen,C., Temperature regulation in humans and other mammals, Springer, Berlin, 2000, 193 pp</ref><ref>Mack,G.W. and Nadel,E.R., Body fluid balance during heat stress in humans. In: Fregly,M.J., Blatteis,C.M. (Eds.), Handbook of physiology. Section 4: Environmental physiology, Oxford University Press, New York, 1996, pp. 187-214</ref><ref>Sawka,M.L., Wenger,C.B., and Pandolf,K.B., Thermoregulatory responses to acute exercise-heat stress and heat acclimation. In: Fregly,M.J., Blatteis,C.M. (Eds.), Handbook of phys</ref> Ademais, coa suor excrétanse sales e algunhas toxinas.
Cando a temperatura ambiente é elevada, ou cando se quentaron os músculos da persoa debido ao exercicio, prodúcese máis suor. Os animais mamíferos con poucas glándulas sudoríparas, como os [[can]]s, realizan unha regulación da temperatura similar sacando a lingua e ampeando<ref>DRAG [http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=ampear&homonymNumber= ampear]</ref>, o cal fai que se evapore a auga da [[saliva]] que humedece a superficie da cavidade oral e a [[farinxe]]. Os [[primates]] e [[cabalo]]s teñen axilas que suan de modo similar aos humanos. Aínda que a capacidade de suar pode atoparse nunha ampla variedade dos mamíferos,<ref>{{cite journal |author=Goglia G |title=[Further research on the branched sweat glands in some mammals (Cavia cobaya, Sus scrofa, Equus caballus).] |language=Undetermined |journal=Bollettino Della Società Italiana Di Biologia Sperimentale |volume=29 |issue=1 |pages=58–60 |date=January 1953 |pmid=13066656}}</ref><ref>{{cite journal |author=Robertshaw D, Taylor CR |title=Sweat gland function of the donkey (Equus asinus) |journal=The Journal of Physiology |volume=205 |issue=1 |pages=79–89 |date=November 1969 |pmid=5347721 |pmc=1348626 |url=http://www.jphysiol.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=5347721}}</ref> son relativamente poucos (entre eles humanos e cabalos) os que producen grandes cantidades de suor para arrefriarse.<ref>{{cite journal |author=McDonald RE, Fleming RI, Beeley JG, ''et al.'' |title=Latherin: A Surfactant Protein of Horse Sweat and Saliva |journal=PLoS ONE |volume=4 |issue=5 |pages=e5726 |year=2009 |pmid=19478940 |pmc=2684629 |doi=10.1371/journal.pone.0005726 |editor1-last=Koutsopoulos |editor1-first=Sotirios}}</ref>
 
A suoración pode producirse polos cambios de temperatura, por causa de emocións (que fan que o [[sistema nervioso simpático]] estimule as glándulas sudoríparas), ou, en casos patolóxicos, a suoración excesiva ou a suor fría poden ser síntoma dunha enfermidade, xeralmente acompañados de [[febre]], como pode ser a [[gripe]], a [[leucemia linfática crónica]] e numerosas doenzas infecciosas.
 
== Composición da suor ==