Suor: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 56:
A suor causa unha diminución da temperatura por arrefriamento por evaporación na superficie cutánea. A medida que as moléculas de auga de alta enerxía evaporan da pel, retiran enerxía calorífica do corpo, polo que a pel e o [[sangue]] dos vasos sanguíneos superficiais diminúen a súa temperatura. O sangue venoso arrefriado volve despois ás partes internas do corpo e contrarresta a subida da temperatura central.
Hai dúas situacións nas cales os nervios estimulan as glándulas sudoríparas
O ser humano ten como media entre dous e catro millóns de glándulas sudoríparas. A cantidade de suor liberado por cada glándula está determinado por moitos factores, como o sexo do individuo, a súa xenética, condicións ambientais, idade e o seu estado de forma. Dous dos principais factores que contribúen ao nivel de suoración son o estado de forma e peso da persoa. Se un individuo aumenta de peso, o seu nivel de suoración probablemente se incrementará porque o corpo debe producir máis enerxía para funcionar e hai unha maior masa corporal que arrefriar. Por outra parte, unha persoa en boas condicións empeza a suar antes e máis facilmente. A medida que unha persoa se pon en forma, o corpo empeza a regular a temperatura corporal máis eficientemente e as glándulas sudoríparas adáptanse xunto cos demais sistemas corporais.<ref>{{cite web|last=Hansen|first=Julieann|title=The Science of Sweat|url=http://certification.acsm.org/blog/2013/may/the-science-of-sweat|publisher=American College of Sports Medicine|accessdate=19 September 2013}}</ref>
A suor non é auga pura, xa que contén unha pequena cantidade (0,2–1%) de solutos disoltos. Cando unha persoa pasa de estar nunha zona de clima frío a outra de clíma cálido, ocorren unha serie de cambios adaptativos nos mecanismos da suoración. Este proceso denomínase aclimatación e durante el increméntase o nivel máximo de suoración á vez que decrece a súa composición en solutos. O volume de auga perdido pola suoración é moi variable, e vai de 100 a
== Notas==
|