Suor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
[[Ficheiro:Boy Face from Venezuela.jpg|miniatura|dereita|Neno suando.]]
A '''suor''' é o fluído producido polas [[glándula sudorípara|glándulas sudoríparas]] da [[pel]] durante a '''suoración''' ou transpiración corporal de moitos [[mamífero]]s.<ref name="perspiration">{{cite journal |url=http://www.jbc.org/cgi/reprint/99/3/781.pdf |title=Simultaneous Study of Constituents of Urine and Perspiration |author=Mosher HH |journal=The Journal of Biological Chemistry |year=1933 |volume=99 |pages=781–790 |issue=3}}</ref> Nos humanos podemos distinguir dous tipos de glándulas sudoríparas, que son: [[glándula écrina|glándulas écrinas]] e [[glándula sudorípara apócrina|apócrinas]]. As écrinas son as que están distribuídas máis xeneralizadamente polo corpo, mentres que as apócrinas están concentradas só en determinadas áreas (nos humanos en axilas, aréola e mamila do peito, canal auditivo, pálpebras, ás do nariz, e rexión xenital externa e perianal).
 
Nos [[humano]]s, suar é principalmente un medio de [[termorregulación]] que funciona porque a secreción das glándula écrinas é moi rica en auga. A [[auga]], ao ter unha elevada [[calor latente]] de vaporización, absorbe moita calor do corpo cando se evapora na superficie da pel, polo que refresca a temperatura corporal. As maiores taxas de suoración dun adulto adoitan ser de 2-4 litros por hora ou 10-14 litros por día (10-15 g/min•m²), pero é menor nos nenos antes da [[puberdade]].<ref>Jessen,C., Temperature regulation in humans and other mammals, Springer, Berlin, 2000, 193 pp</ref><ref>Mack,G.W. and Nadel,E.R., Body fluid balance during heat stress in humans. In: Fregly,M.J., Blatteis,C.M. (Eds.), Handbook of physiology. Section 4: Environmental physiology, Oxford University Press, New York, 1996, pp. 187-214</ref><ref>Sawka,M.L., Wenger,C.B., and Pandolf,K.B., Thermoregulatory responses to acute exercise-heat stress and heat acclimation. In: Fregly,M.J., Blatteis,C.M. (Eds.), Handbook of phys</ref> Ademais, coa suor excrétanse sales e algunhas toxinas.