Mario Bunge: Diferenzas entre revisións
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 15 de marzo de 2007 ás 00:24
Mario Bunge ( Buenos Aires, Arxentina 1919 ) é un físico e filósofo argentí, ademais de un humanista.
Biografía
Naceu na cidade arxentina de Buenos Aires o 21 de setembro de 1919. Interesado na filosofia da física, Bunge comezou os seus estudos na Universidade Nacional de La Plata, graduándose con un doutorado en ciencias físico-matemáticas no ano 1952. Na mesma universidade foi profesor de física teórica e filosofía desde 1956 ata 1966, cando, insatisfeito perante o clima político do seu país, tomou a decisión de emigrar. Pasou entón a ensinar en universidades de México, Estados Unidos e Alemaña, acabando por radicarse no 1966 en Montreal, Canadá, como profesor da Universidade McGill desde aquela.
Os seus principais intereses son aa epistemoloxía, a filosofía da mente e filosofía das ciencias sociais. O seu libro La ciencia, su método y su filosofía (1960), no que introduce ás bases do método científico e á súa aplicación no campo do saber, chegou a se converter nun clásico do xénero.
É coñecido tamén por expresar públicamente a súa posición contraria as pseudociencias, entre as que inclúe o psicanàlise e a homeopatía; mais tamén elaborou fortes críticas contra correntes filosóficas como o existencialismo, incluíndo filósofos como [[Martin Heidegger] e Edmund Husserl; eo postmodernismo; a hermenéutica e o feminismo filosófico. Talvez a súa obra máis importante esté formada polos oito volumes do seu Tratado de filosofia básica (Treatise on Basic Philosophy).
En 1982 foi galardoado con o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
Obras seleccionadas
- 1960. La ciencia, su método y su filosofía. Buenos Aires: Eudeba.
- 1962. Intuition and Science. Prentice-Hall.
- 1969. La Investigación Científica. Su estrategia y su filosofía. Barcelona: Ediciones Ariel.
- 1973. Philosophy of Physics. Dordrecht: Reidel.
- 1980. The Mind-Body Problem. Oxford: Pergamon.
- 1984. "What is Pseudoscience", The Skeptical Inquirer, Vol.9, No.1, (Fall 1984), pp.36-46.
- 1974-89. Treatise on basic philosophy, en 8 vols. Dordrecht: Reidel.
- 1996. Finding Philosophy in Social Science. Yale University Press.
- 1998. Dictionary of Philosophy. Prometheus Books.
- 2001. Philosophy in Crisis. Prometheus Books.
- 2000. La relación entre la sociología y la filosofía. Madrid: Edaf.
- 2003. Emergence and Convergence: Qualitative Novelty and the Unity of Knowledge. Toronto: University of Toronto Press.
- 2006. Chasing Reality. Strife over Realism. Toronto: University of Toronto Press.