Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 183:
Na Baixa Idade Media fai a súa aparición a [[lóxica]], que permite que se desenvolvan diversos métodos científicos, así como os esforzos para elaborar [[modelo matemático|modelo]]s matemáticos ou [[médico]]s, o que xogará "un papel maior na evolución das diferentes concepcións do status das ciencias".<ref>Christophe Grellard (editor), ''Méthode et statut des sciences à la fin du Moyen Âge'', Presses Universitaires du Septentrion, 2004, páxs. 8-9.</ref> Por outra parte, o mundo medieval occidental ve aparecer unha "laicización do saber", concomitante coa "autonomización das ciencias".
 
A cirurxía non se desenvolve até os [[século XII|séculos XII]] e [[século XIII|XIII]]. No século XIII os estudos de cirurxía máis importantes lévanse a cabo en torno a [[Boloña]], na recente universidade inaugurada en [[1088]], onde Hugo de Borgognoni funda a facultade de medicina. O seu fillo Teodorico de Borgognoni ([[1205]] - [[1296]]) escrbiu ''Chirurgia'', un tratado dedicado exclusivamente á cirurxía, no que pon en discusión a práctica, herdada de Galeno, de deixar que as feridas se carguen de [[pus]], como a medida máis eficaz para a súa curación. Para as [[Sutura (medicina)|sutura]]s utilizaba fío fabricado con intestino de animais, (auténtico precursor do [[catgut]], fío de sutura utilizado antes do desenvolvemento dos materiais sintéticos, feito a partir do intesino de cabalo ou de cabra, e utilizado para as suturas internas, de maneira que puidesen seren reabsobidas co tempo).
 
[[Guglielmo da Saliceto]], outro profesor da escola de Boloña, escribiu ''Chirurgia'' coa intención de deixar os seus coñecementos neste campo ao sue fillo, e que despois se convertiu nun manual de referencia para as facultades de medicina medievais. Nesta obra deixa algunhas reflexións sorprendentes sobre o [[cancro]], exepcionais tendo en conta os escasos coñecementos de [[fisioloxía]] da época. [[Guido de Lanfranc]], alumno de [[Guglielmo da Saliceto]] está considerado como o pai da cirurxía francesa. No [[século XII]] florece a escola de [[Montpellier]]. Un dos seus profesores de anatomía foi [[Henry de Mondeville]] ([[1260]]-[[1320]]), médico do rei [[Filipe o Fermoso]] de Francia, aínda se o máis famoso foi [[Guy de Chauliac]] ([[1290]]-[[1368]]), autor de ''La grande chirurgia''. Este cirurxián foi o primeiro en facer observacións sobre as feridas da armas da fogo, utilizadas por primeira vez polos ingleses en [[1346]] na [[batalla de Crecy]].<ref>Ballesteros Massó, R.; Gómez Barrena, E. & Delgado Martínez, A. D.: ''Historia de la Traumatología y Cirugía Ortopédica''.</ref>
 
=== A cirurxía renacentista ===