Real Expedición Filantrópica da Vacina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 4 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1217655
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Antecedentes: ligazón
Liña 12:
No último cuarto do [[século XVIII]], durante o momento de maior extensión do virus da varíola en [[Europa]], un médico rural [[Inglaterra|inglés]], [[Edward Jenner]], observou que as mulleres que recollían o leite adquirían ocasionalmente unha enfermidade dos ubres das vacas coñecida como [[varíola das vacas]] ou [[varíola vacúa]] (en ingés, ''cowpox'') polo contacto continuado con estes animais; esta enfermidade, benigna, caracterizábase pola aparción dunhas pústulas nas mans, semellantes ás da mortífera varíola humana. Pero o máis importante é que estas mulleres non enfermaban da varíola humana.
 
Jenner pensou que quizais a varíola vacúa e a humana fosen enfermidades semellantes, e que quizais a infección da primeira producira nos homes defensas capaces de evitar a varíola humana, e comezou a investigar nesta dirección e, no ano [[1796]] arriscouse a realizar a proba definitiva. Inoculou [[pus]] procedente de pústulas da varíoloa vacúa a James Phipps, un neno de 8 anos. O pequeno amosou síntomas leves da infección. E seis semanas máis despois inoculou deliberadamente ao rapaz coa propia varíola humana. O arriscado ensaio foi un completo éxito: o mociño presentou unha leve reacción, pero non enfermou da temida varíola. Outros nenos inoculados responderon igualmente ben.
 
Estes resultados publicounos Jenner en [[1798]], e xa en decembro de [[1800]] chegara a vacina a [[España]], concretamente a [[Puigcerdà]], da man do doutor Piguillem. Tanta celeridade, nun tempo en que as novas viaxaban a cabalo ou en barco de vela dá unha idea da gravidade dos feitos, e do entusiasmo co que algúns médicos acolleron un posíble remdio contra a terrible doenza.