Club Atlético dos Castros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jorges65 (conversa | contribucións)
m pequenos arranxos
Jorges65 (conversa | contribucións)
m pequenos arranxos nas datas
Liña 42:
Durante os vindeiros anos o club encadea varios ascensos e descensos nun intervalo de poucas tempadas. O club retorna a Segunda, mais o 11 de xuño de 1978, no Campo da Zapateira, o equipo volve a Primeira División tras gañar por 5-3 un encontro que perdía 2-3 xusto dez minutos antes do límite regulamentario (Victor Esparza, Rilo e Miguel Esparza deron a volta ao marcador)<ref name="d">{{cita web|título=Crónica del Club (1975-85)|url=http://atcastros.com/cronica-del-club-1975-85/|obra=atcastros.com}}</ref>. Ese mesmo ano o club gaña o campionato de prexuvenís (actual categoría de cadetes) derrotando ao [[Deportivo da Coruña]] por 1-0<ref name="d"/>. O equipo só fica un ano en Primeira, volvendo a Segunda ao ano seguinte, categoría que conquista na 1979-80<ref name="d"/>. Ese mesmo ano, tras eliminar a [[Montañeros Club de Fútbol|Montañeros]], Suevos e Miño, o club chega a semifinais da Copa da Coruña<ref name="d"/>, perdendo 4-1 fronte ao [[Sociedad Deportiva Club Órdenes|Ordes]] no encontro de volta, malia gañar o primeiro partido da eliminatoria por 1-0. Na tempada 1981-82 o club retorna á Segunda División. Ao ano seguinte volve ascender tras un empate a ceros fronte ao Batallador que lle daba os puntos necesarios para ascender na derradeira xornada do campionato, mais a estancia en Primeira é curta, pois volve descender outra vez na tempada seguinte despois de perder na promoción.
 
En 1989, ao mando de Tito Sanguiñedo, o equipo remata subcampión de Segunda División e volve ascender a Primeira cinco anos despois<ref name="e"/>. Esa mesma tempada, no Campo de Elviña, despois de 29 anos, vólvense enfrontar o Atlético Dos Castros e o seu eterno rival, o Galicia Gaiteira, gañando o Atlético por 1-0, tras converter un penal José Carlos. O club remata terceiro na Primeira División 19911990-9291<ref name="e">{{cita web|título=Crónica del Club (1985-95)|url=http://atcastros.com/cronica-del-club-1985-95/|obra=atcastros.com}}</ref>.
 
=== Competicións autonómicas (a partir de 19921991)===
 
[[Ficheiro:Atl.Los Castros vs Maravillas.PNG|miniatura|260px|Xogadores do Atlético dos Castros loitando un balón nun partido contra o Maravillas S.D.]]
 
En 19921991 o club decide abandonar a competición de fútbol local para formar parte da competición a nivel nacional. O club comeza a disputar dende entón competicións nacionais, quedando encadrado na [[Terceira Autonómica de Galicia]] organizada pola Federación Galega de Fútbol. Na tempada 1993-94 o club queda subcampión da Terceira Autonómica, mais non logra o ascenso na promoción fronte o [[Montañeros Club de Fútbol|Montañeros]]. Na tempada 1996–97 o club volve rematar subcampión da Terceira Autonómica e clasifícase para xogar unha promoción entre clubs dos grupos I e II. Desta volta gaña a promoción e consegue o ascenso á [[Segunda Autonómica de Galicia]], aínda que o seu paso pola categoría é breve e logo descende.
 
O [[31 de xullo]] de [[2007]] a xunta directiva trocou o nome do club a '''Club Atlético dos Castros''', denominación correcta en galego segundo a normalización lingüística. En lembranza do falecido Arturo Varela Canosa, que estivo ligado ao club durante máis de 30 anos en diversos cargos técnicos e directivos, o club organiza dende 2012 o ''Memorial Arturo Varela Canosa'', torneo de fútbol base en homenaxe á súa figura<ref>{{cita web|título=El fin de semana se juega el Memorial Arturo Varela |url=http://www.canaldeportivo.com/tiendaold/deporsport/contenido/2012/09/19/24/3 |obra=DEPOR Sport nº 2.771 |data=19 de setembro de 2012 |páxina=24 |formato=PDF}}</ref>. En [[2013]] o equipo de afeccionados imponse no grupo I da Terceira Autonómica, obtendo o campionato e mailo ascenso directo a [[Segunda Autonómica de Galicia|Segunda Autonómica]]<ref name="ds-asc"/>.
Liña 173:
*Subcampión da Segunda División de Modestos da Coruña (3): 1949-50, 1977-78, 1988-89
*Subcampión da Copa Liceo (1): 1980
*Terceiro clasificado da Primeira División de Modestos da Coruña (1): 19911990-9291
*Semifinalista da Copa da Coruña: 1980–81