Diferenzas entre revisións de «Free jazz»

sen resumo de edición
m (robot Modificado: en:Free jazz)
Aínda que ''free jazz'' é o termo xeralizado hoxendía, empregáronse moitos outros. Nos 60, ó aínda pouco definido movemento chamábaselle ás veces ''energy music'' ou ''the new thing''. Dos intérpretes de free jazz decíase que tocaban "fóra" (ó contrario do que os convencionalistas que o facían "dentro") e o termo converteuse no preferido por músicos e sellos de gravación: entre os álbunes deste período inclúense Outward Bound, Out There, Out to Lunch (todos de Dolphy), Out Front (Jaki Byard) e and Destination Out (Jackie McLean).
 
Aínda que o free jazz asóciase decotío coa era do seu nacemento, moitos músicos (entre eles [[Ken Vandermark]], [[William Parker]], [[John Zorn]], [[Theo Jörgensmann]], [[Paal Nilssen-Love]] e [[George Lewis]]) manteñen o estilo vivo hoxendía, continuando o seu desenvolvemento coma linguaxe jazz. En Europa o estilo foi levado alén por intérpretes coma [[Derek Bailey]], [[Peter Brötzmann]] e [[Evan Parker]] a un idioma que se deu en chamar ''[[improvisación libre]]''.
 
[[Category:Jazz]]
Usuario anónimo