Concilio Vaticano Segundo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:1962 mediante HotCat
Liña 7:
 
== Sesións ==
=== Primeira sesión (Outonooutono de 1962) ===
O Papa abriu o concilio o día [[11 de outubro]] de [[1962]] nunha sesión pública na que figuraban representantes eclesiásticos e políticos. Despois dunha misa, o Papa leu un discurso titulado ''Gaudet Mater Ecclesia'' (A Madre Igrexa alégrase), no que cargou contra aqueles que vaticinaban a fin da Igrexa e salientou a súa dimensión pastoral.
 
Liña 14:
Estas conversacións remataron o [[8 de decembro]] dese mesmo ano, e non puideron volver a comezar ata un ano máis tarde debido á morte do Papa [[Xoán XXIII]] o [[3 de xuño]] de [[1963]].
 
=== Segunda sesión (Outonooutono de 1963) ===
Tras ser elixido como Papa, [[Paulo VI, papa|Paulo VI]] continuou co labor conciliar do seu predecesor. O [[29 de setembro]] facía público un documento no que establecía claramente os catro obxectivos do Concilio:
* Definir mellor a natureza da Igrexa e o papel do bispo.
Liña 23:
Neste segundo período, os bispos aprobaron a constitución ''Sacrosantum Concilium'' (relativa á liturxia) e o documento ''Inter Mirifica'' (referente á presenza da Igrexa nos medios de "comunicación social"). O [[4 de decembro]] pechouse a segunda sesión.
 
=== Terceira sesión (Outonooutono de 1964) ===
Empezada o [[14 de setembro]] de [[1964]], baseouse en numerosos asuntos da Igrexa. Aprobáronse tres documentos: ''Unitatis Redintegratio'' (sobre o [[ecumenismo]] ou reunificación dos cristiáns), ''Orientalium Ecclesiarum'' (sobre as Igrexas orientais) e ''Lumen Gentium'' (sobre a mesma Igrexa Católica).
 
Tras numerosas controversias, a sesión rematou o [[21 de novembro]] dese mesmo ano.
[[Ficheiro:Pope_Paul_VI._1967.jpg|miniatura|esquerda|Paulo VI, papa que pechou o Concilio]]
=== Cuarta sesión (Outonooutono de 1965) ===
A cuarta e última sesión do concilio, e a terceira presidida por Paulo VI, abriuse o [[14 de setembro]] de [[1965]]. Aprobáronse catro documentos:
* ''Dignitatis Humanae'' (que foi aprobado malia o rexeitamento de 224 dos bispos), co que a Igrexa recoñecía a liberdade de relixión.