Burkina Faso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Prehistoria: supoño que será o pobo dogón, plural dogóns
lig int; arranxiños
Liña 44:
| notas =
}}
'''Burkina Faso'''<ref name="burkinense">[http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=332114 Definición de '''{{DRAG|burkinense''' - Dicionario da Real Academia Galega]}}</ref> é un país de [[África]] occidental, no [[deserto do Sahel]], que limita ó noroeste con [[Malí]], ó noroeste con [[Níxer]] e ó sur con [[Costa de Marfil]], [[Ghana]], [[Togo]] e [[Benin]]. Antes de [[1984]] era coñecida por [[Alto Volta]].
 
Anteriormente coñecido como [[Alto Volta]] por estar no curso alto de tres ríos que no seu momento se chamaron Volta (Mouhoun, antes o Volta negro; Nakambé, antes o Volta branco; e Nazinon, antes o Volta vermello), '''Burkina Faso''' foi renomeada en [[1984]] polo presidente [[Thomas Sankara]] para significar "a terra da xente dereita" en [[Diulá]], principal lingua materna do país. Está localizado ó oeste de [[África]] e do [[Deserto do Sahel|Sahel]]. Non ten acceso ó mar. Pertenceu a [[Francia]] ata a independencia en [[1960]].
Liña 54:
 
=== Prehistoria ===
 
Do mesmo xeito que toda a rexión oeste de África, Burkina Faso foi poboada en épocas temperás, [[cazadores-recolectores]] establecéronse na parte noroeste do territorio uns 12000 a 5000 anos aC, ferramentas (raspadores, punzóns e puntas de frechas) destes grupos foron descubertas en [[1973]]. Existen rexistros de asentamentos de agricultores producidos entre o 3600 e 2600 aC, as trázas das estruturas atopadas dan a impresión de edificios relativamente permanentes. O estudo de restos de tumbas descubertas indica que o uso do ferro, cerámicas e pedras puídas desenvolveuse entre 1500 e 1000 anos aC, como tamén a preocupación sobre temas espirituais.
 
Liña 64 ⟶ 63:
 
=== Época colonial e independencia ===
 
Tras unha década de intensa competencia e rivalidade entre os británicos e franceses, abundante en expedicións de exploradores militares e civís que buscaban asinar tratados, en [[1896]], o reino Mossi de Ouagadougou foi vencido polas forzas coloniais francesas e converteuse nun protectorado francés.
 
Na zona oeste a loita contra as forzas do poderoso rei Samori Ture complicaba a situación, e a zona este puido ser ocupada polos franceses en 1897 logo de varias campañas militares. Para [[1898]], a maioría do territorio hoxe correspondente a Burkina Faso fora conquistado aínda que sexa en forma nominal, sendo precario o control de varias rexións. A convención asinada entre [[Francia]] e [[Gran Bretaña]] o [[14 de xuño]] de 1898, permitiu finalizar a disputa entre as dúas potencias coloniais, e trazar as fronteiras entre os seus territorios. Os franceses continuaron por cinco anos unha guerra de conquista contra as comunidades locais. En [[1904]] prodúcese unha gran reorganización do imperio colonial francés no oeste de Africa, e os territorios da conca do [[Río Volta|Volta]] na colonia de ''Alto Senegal e Níxer'' (en francés: ''Haut-Sénégal et Niger'') de Africa Occidental francesa. A capital da colonia era [[BamakoBamaco]].
 
Recrutas do territorio participaron en Europa da [[Primeira Guerra Mundial]] como parte dos batallóns de [[Infantería senegalesa]] (''Tirailleurs sénégalais''). Durante 1915 e 1916 os distritos da párte oeste do territorio actual de Burkina Faso e a franxa veciña do leste de Malí foron escenario dunha moi importante resistencia armada ao goberno colonial (no que se coñeceu como a guerra de Volta-Bani). Finalmente o goberno francés logrou sofocar o levantamento, non sen antes sufrir varias derrotas e ser forzado a armar a maior forza expedicionaria na súa historia colonial para facerlles fronte. No norte en Sahelia, os Tuareg e grupos aliados da rexión de [[Dori]] tamén comezaron unha oposición armada. Ao finalizar a Primeira guerra mundial, o 1 de marzo de 1919, e ante a posibilidade de repetición dos levantamentos armados e outras consideracións económicas o goberno colonial decide separar o territorio de Burkina Faso do de Alto Senegal e Níxer coa finalidade de reforzar a súa administración. A nova colonia é chamada [[Alto Volta]] e François Charles Alexis Édouard Hesling foi o seu primeiro gobernador. Hesling comeza un ambicioso programa de construción de estradas e promove o cultivo de algodón para exportación. O plan de desenvolvemento do algodón fracasou coa consecuente caída de ingresos. A colonia foi desmantelada o [[5 de setembro]] de [[1932]], e o seu territorio dividiuse entre Costa do Marfil, Malí e Nixeria. A maior parte do territorio e da poboación incluíndo as cidades de Ouagadougou e Bobo-Dioulasso foi cedido á Costa de Marfil.
Liña 147 ⟶ 145:
[[Ficheiro:BoboDioulasso-GrandMosqueN.JPG|miniatura|400px|Mesquita en Bobo-Dioulasso]]
 
No ano [[2007]], Burkina Faso conta cunha poboación de 14.326.000 habitantes. A esperanza de vida é de 49 anos, sendo a idade media da súa poboación de menos de 17 anos. A poboación atópase concentrada nas zonas do sur e centro do país, nalgúns casos a densidade é superior a 48 habitantes por quilómetro cadrado. A media de fillos por muller é de 6,41, unha das taxas máis altas do mundo, o cal está provocando un aumento poboacional nunca visto na historia deste pobre país, con consecuencias tanto económicas como ambientais. É relevante o impacto que produce o [[SIDA]] en canto á amortiguación da taxa de crecemento da poboación, tanto por falecementos directos, como polo aumento da taxa de mortalidade infantil e outros problemas sociais asociados ao mesmo.
A poboación atópase concentrada nas zonas do sur e centro do país, nalgúns casos a densidade é superior a 48 habitantes por quilómetro cadrado. A media de fillos por muller é de 6,41, unha das taxas máis altas do mundo, o cal está provocando un aumento poboacional nunca visto na historia deste pobre país, con consecuencias tanto económicas como ambientais. É relevante o impacto que produce o [[SIDA]] en canto á amortiguación da taxa de crecemento da poboación, tanto por falecementos directos, como polo aumento da taxa de mortalidade infantil e outros problemas sociais asociados ao mesmo.
 
A súa poboación presenta a seguinte composición étnica: Mossi (40%), Gurunsi, e Lobi. Profésanse as seguintes relixións: musulmáns (50%); relixións africanas tradicionais (tipicamente diversas formas de [[animismo]]) (30%) e católicos (20%). Moitos cristiáns incorporan elementos de animismo nos seus practicas relixiosas.
Liña 155 ⟶ 152:
 
== Notas ==
{{listaref}}
<references/>
 
==Véxase tamén==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.thomassankara.net/wiki/ Burkina Faso Wikipedia (só en francés)]