Alfonso Molina: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións) m + imaxe |
Sen resumo de edición |
||
Liña 22:
Enxeñeiro de camiños, canais e portos pola [[Universidade de Madrid]] especializouse en Urbanismo. En [[1934]] obtivo praza de enxeñeiro director de vías e obras da Deputación da Coruña. Iniciada a Guerra Civil foi nomeado presidente da Cámara da Propiedade da Coruña e no [[1938]] nomeado concelleiro ata 1944. En 1947 foi nomeado alcalde, posto que ocupou ata a súa morte con 51 anos.
No seu mandato como rexedor da [[A Coruña|Coruña]] proxectou unha avenida interior, que partise desde a ponte da Pasaxe, subise até Palavea e descendese cara ao [[río Monelos]], e que na Ponte da Pedra se dirixise cara á antiga estación de ferrocarril para ao cabo chegar á praza do Espino (hoxe praza de Madrid),
A súa morte produciuse durante unha viaxe a Brasil. A chegada do seu cadaleito á cidade foi un acto multitudinario, 100.000 persoas acompañaron o cortexo fúnebre dende o Concello ata o cemiterio de San Amaro<ref>[http://blogs.laopinioncoruna.es/callejero/tag/avenida-de-alfonso-molina/ "Avenida de Alfonso Molina: El más peculiar de los alcaldes. La Opinión"]</ref>. Inmediatamente despois da sua morte, foi homenaxeado a título postumo coa Gran Cruz de Beneficencia e máis coa Medalla de Ouro da Coruña, foi nomeado Fillo Predilecto da cidade e a Avenida de Lavedra pasou a chamarse Avenida Alfonso Molina<ref>{{cita web |título=Llegan a Madrid los restos del alcalde de La Coruña |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1114230&interno=S&presentacion=pagina&posicion=3 |obra=El Pueblo Gallego nº 11.534 |data=27 de novembro de 1958 |páxina=3 |lingua=castelán }}</ref>.
==Notas==
{{listaref}}
|