Abrir o menú principal

Cambios

Yalta>Ialta
O [[Exército Vermello]], moito máis numeroso que a resistencia polaca, acadou os seus obxectivos, e capturou a uns 230.000 prisioneiros de guerra. O goberno soviético anexionou o territorio baixo o seu control, e no mes de novembro fixo que os 13,5 millóns de cidadáns polacos das zonas controladas pasasen a ser cidadáns da Unión Soviética. Inmediatamente comezaron unha campaña de sovietización nos novos territorios adquiridos. Realizaron unhas eleccións coa intención de lexitimar a anexión do leste de Polonia, e sufocaron a oposición por medio de execucións sumarias e milleiros de detencións. A Unión Soviética enviou a centos de persoas a [[Siberia]] e outras zonas remotas do país en catro grandes ondas de deportación entre 1939 e 1941.
 
As forzas soviéticas ocuparon o leste de Polonia ata o verán de [[1941]], cando foron expulsados pola invasión do exército alemán durante a [[Operación Barbarossa]]. A zona estivo baixo a ocupación nazi ata que o Exército Vermello reconquistouna no verán de [[1944]]. Un acordo na [[Conferencia de YaltaIalta]] permitiu á Unión Soviética anexionarse case toda a súa porción da [[Segunda República Polaca]] segundo o Pacto Molotov-Ribbentrop, compensando á [[República Popular de Polonia]] coa metade sur de [[Prusia Oriental]] e territorios ao leste da [[liña Oder-Neisse]]. A Unión Soviética integrou os territorios invadidos nas Republicas Socialistas Soviéticas de [[República Socialista Soviética de Ucraína|Ucraína]] e [[República Socialista Soviética de Bielorrusia|Bielorrusia]].
 
En agosto de [[1945]], tras o final da guerra en [[Europa]], a [[Unión Soviética]] e [[Polonia]] asinaron un tratado de fronteiras. Este acordo recoñecía o ''status quo'' da fronteira oficial coa excepción da rexión ao redor de [[Bialystok]] e unha pequena parte da ribeira leste do [[río San]] ao seu paso por [[Przemyśl]], en [[Galitsia]], que foi devolta a Polonia.