República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Yalta>Ialta
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Orixe: Yalta>Ialta
Liña 42:
=== Orixe ===
[[Ficheiro:SED Logo.svg|150px|miniatura|esquerda|Logo do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|SED]].]]
Na [[Conferencia de YaltaIalta]], celebrada en [[febreiro]] de [[1945]], os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], o [[Reino Unido]] e a [[Unión Soviética]] acordaron a división de [[Alemaña]] en zonas de ocupación. Calculando o territorio que os exércitos converxentes dos aliados occidentais e a URSS podían tomar, a Conferencia de Ialta determinou as liñas de demarcación para as respectivas zonas de ocupación. Trala rendición de [[Alemaña nazi|Alemaña]], o [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Consello de Control Aliado]], representando a Estados Unidos, Reino Unido, [[Francia]] e a Unión Soviética, asumiu a autoridade gobernamental da Alemaña de post-guerra. Con todo, a desmilitarización económica (especialmente o traslado de equipamento industrial) era responsabilidade de cada zona individualmente.
 
A [[Conferencia de Potsdam]], celebrada uns meses despois, entre [[xullo]] e [[agosto]] de [[1945]], recoñeceu as zonas e confirmou a xurisdición da Administración Militar Soviética en Alemaña (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Sowjetische Militäradministration in Deutschland, SMAD'') dende os [[río Oder|ríos Oder]] e [[río Neisee|Neisse]] até a liña de demarcación. A zona de ocupación soviética incluíu os antigos estados de [[Brandeburgo]], [[Mecklemburgo-Antepomerania]], [[Saxonia]], [[Saxonia-Anhalt]] e [[Turinxia]]. A cidade de [[Berlín]] foi colocada baixo o control do catro poderes.