Laurisilva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 15:
Actualmente a laurisilva sobrevive nos arquipélagos que integran a [[Macaronesia]], principalmente nos arquipélagos portugueses dos [[Azores]] e da [[Arquipélago da Madeira|Madeira]], no arquipélago das [[Canarias]], no arquipélago estado de [[Cabo Verde]] e en pequenos e raros enclaves na costa de [[Mauritania]].
 
Nos Azores a presenza da foresta é residual, encontrándose en manchas illadas en todas as illas, sendo as maiores e máis significativas no [[Illa do Pico|Pico]] (Planalto Central e reserva forestal do Caveiro) e na [[Terceira]] (Serra de Santa Bárbara), mentres que no arquipélago da Madeira encóntrase só na ilha maior do arquipélago ([[illa da Madeira]]), onde se atopa a especie [[endémica]] ''[[Teucrium abutiloides]]''. Ocupa nesta illa unha área de aproximadamente 15.000 hectáreas, o que corresponde ao 20% da illa, sendo o núcleo maior e mellor conservado deste bosque. Concrntrase principalmente na costa norte, en altitudes comprendidas entre os 300 e os 1400 metros. Na costa sur, aparece en áreas de altitude comprendida entre os 700 e os 1600 metros.
 
Nas Canarias os núcleos máis significativos atópanse na illas de [[Gomera]] ([[Parque Nacional de Garajonay]]), [[La Palma]] onde o núcleo maior e mellor conservado desta foresta nas Illas Canarias (En Los Tilos, e en todas as áreas do norte e leste da illa, e algúns do oeste do Cumbre Nueva"), e Tenerife ([[Parque Natural de Teno]]).