Conversa Wikipedia:Nomes propios de persoas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 40:
:O de que sempre se lle chamou así... noutros idiomas. Non coñezo ningunha fonte galega que fale de frei Luis nin de Luis de León. Ora ben, cos santos, por exemplo, a tradición católica na que vive a maior parte dos editores da wikipedia fai que o habitual sexa que se chame San Xurxo, aínda que neste caso se optase por evitar na wikipedia o nesgo relixioso desa denominación e optar por algo neutro (aínda que non houbese referencias). Así, se nos santos predomina a opción de "aconfesionalidade" da wikipedia sobre o de sermos ou non fontes primarias, entendo que nos títulos nobiliarios, relixiosos e tratamentos de respecto doutras comunidades deberiamos seguir o mesmo criterio. Con respecto ao acento... e ese é outro aspecto a considerar: os nomes dos santos galeguízanse. É Xoán Bautista e non como diaño se dixese en arameo. Pero Luis de León non foi un santo, foi un escritor, como outro calquera. Outra cousa é que facemos con Juan de la Cruz ou con Teresa de Jesús. Eses si que son complexos, porque son á vez escritores e á vez líderes relixiosos... Xoán de la Cruz? Tareixa de Xesús? Tareixa de Jesús? Xoán da Cruz? wow... creo que eses casos particulares son moi difíciles e resúltame complicado ter un criterio que valla para todos. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <small>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]]</small> 8 de marzo de 2014 ás 13:24 (UTC)
::[[Xoán da Cruz]] (cf. en inglés ''John of the Cross'', italiano ''Giovanni della Croce'', francés ''Jean de la Croix'') e [[Teresa de Ávila]]. Ten en conta que eles non se chamaban así, o "de la Cruz" non é un apelido, é parte do seu nome relixioso (de xeito similar, Teresa de Calcuta chamábase Agnes). En canto a Teresa, pois teño entendido que acéptase Teresa como galego (como Isabel fronte a Sabela, ver [[Isabel II do Reino Unido]]), mais se non é así habería que mover a páxina a Tereixa de Áliva/de Xesús (o "de Xesús" é, novamente, parte do seu nome). Por outra parte, [[Luis de León]] está ben así. Finalmente, como che dixen, concordo en que "San Paulo" debe estar en "Paulo de Tarso", e non no primeiro (seica creando ademais unha páxina de homónimos?) --[[Usuario:Norrin strange|Norrin_strange]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fala-me]])</sup> 10 de marzo de 2014 ás 09:13 (UTC)
 
'''Resumindo''': en calquera caso neste punto xa hai acordo e está incluído. Penso que se conseguimos concretar o apartado anterior, xa poderíamos levar isto a votación, non cres? --[[Usuario:Norrin strange|Norrin_strange]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fala-me]])</sup> 10 de marzo de 2014 ás 10:48 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Nomes propios de persoas".