Conversa Wikipedia:Nomes propios de persoas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 39:
*Ben, isto xa se fai, pero está ben clarificalo. Porén, teño as miñas dúbidas con "Frei Luís (Luis?) de León", porque sempre se lle ten mencionado así. Aínda así, para ter unha política xeral, engado o que comentas. --[[Usuario:Norrin strange|Norrin_strange]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fala-me]])</sup> 7 de marzo de 2014 ás 10:37 (UTC)
:O de que sempre se lle chamou así... noutros idiomas. Non coñezo ningunha fonte galega que fale de frei Luis nin de Luis de León. Ora ben, cos santos, por exemplo, a tradición católica na que vive a maior parte dos editores da wikipedia fai que o habitual sexa que se chame San Xurxo, aínda que neste caso se optase por evitar na wikipedia o nesgo relixioso desa denominación e optar por algo neutro (aínda que non houbese referencias). Así, se nos santos predomina a opción de "aconfesionalidade" da wikipedia sobre o de sermos ou non fontes primarias, entendo que nos títulos nobiliarios, relixiosos e tratamentos de respecto doutras comunidades deberiamos seguir o mesmo criterio. Con respecto ao acento... e ese é outro aspecto a considerar: os nomes dos santos galeguízanse. É Xoán Bautista e non como diaño se dixese en arameo. Pero Luis de León non foi un santo, foi un escritor, como outro calquera. Outra cousa é que facemos con Juan de la Cruz ou con Teresa de Jesús. Eses si que son complexos, porque son á vez escritores e á vez líderes relixiosos... Xoán de la Cruz? Tareixa de Xesús? Tareixa de Jesús? Xoán da Cruz? wow... creo que eses casos particulares son moi difíciles e resúltame complicado ter un criterio que valla para todos. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <small>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]]</small> 8 de marzo de 2014 ás 13:24 (UTC)
::[[Xoán da Cruz]] (cf. en inglés ''John of the Cross'', italiano ''Giovanni della Croce'', francés ''Jean de la Croix'') e [[Teresa de Ávila]]. Ten en conta que eles non se chamaban así, o "de la Cruz" non é un apelido, é parte do seu nome relixioso (de xeito similar, Teresa de Calcuta chamábase Agnes). En canto a Teresa, pois teño entendido que acéptase Teresa como galego (como Isabel fronte a Sabela, ver [[Isabel II do Reino Unido]]), mais se non é así habería que mover a páxina a Tereixa de Áliva/de Xesús (o "de Xesús" é, novamente, parte do seu nome). Por outra parte, [[Luis de León]] está ben así. Finalmente, como che dixen, concordo en que "San Paulo" debe estar en "Paulo de Tarso", e non no primeiro (seica creando ademais unha páxina de homónimos?) --[[Usuario:Norrin strange|Norrin_strange]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fala-me]])</sup> 10 de marzo de 2014 ás 09:13 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Nomes propios de persoas".