Galia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q38060
lig int
Liña 36:
 
=== Galia Transalpina ===
Chamada por algúns Galia ''ulterior'', era a provincia romana que se encontraba alén dos Alpes. Consistía nunha franxa costeira que se estendía desde a [[Liguria]] até os [[Pireneos]]. Ao longo da franxa, este territorio tiña dúas avanzadas que se internaban, unha cara a [[Tolosa, - ToulouseFrancia|Tolosa]], en ([[Aquitania]]), e outra polo val do [[Ródano]] até a cidade comercial chamada ''Lugdunum'', actual [[Lyon]]. A Galia Transalpina foi conquistada na seu maior parte por [[Cneo Domicio Ahenobarbo]], antes do ano 120 ane. Faise esta conquista para garantir a pasaxe dos exércitos romanos a [[Hispania]].
 
=== Galia Comata ===
Chamada ''Galia Cabeluda'' porque os seus habitantes deixaban medrar moi longo o cabelo. (''Coma'' en latín é cabeleira, de aí o nome dado á constelación [[Coma Berenices]] pola cabeleira de Berenice). Era a Galia máis extensa de todas pois comprendía as actuais [[Francia]] central e setentrional e [[Bélxica]], xunto con parte dedos [[Países Baixos - Nederland|Holanda]] ao sur do [[río [[Rin]]. O seu territorio era chairo, con grandes bosques e moitos recursos agrícolas, a maioría sen explotar. Estaba regado polos ríos ''Liger'' ([[Río Loira (Francia)|Loira]]), ''Sequana'' ([[río Sena|Sena]]), [[río Mosa|Mosa]], ''Mosella'' ([[río Mosela|Mosela]]), ''Scaldis'' ([[río Escalda|Escalda]]), ''Samara'' ([[río Somme|Somme]]), ''Matroma'' ([[río Marne|Marne]]), ''Duranius'' ([[Dordoña]]), ''Oltis'' ([[Lot]]) e ''Garumna'' ([[río Garona|Garona]]). Antes da conquista de Xulio César, todas estas terras eran practicamente descoñecidas. Os seus habitantes eran na súa maioría celtas chamados galos. Estes galos coñecían a existencia de Roma e do seu poder, e evitaban calquera contacto con ela. Eran agricultores e gandeiros, e vivían en cidades ou aldeas que os romanos chamaban ''oppida''. Gardaban, coidaban e defendían celosamente os tesouros tribais, así como os campos de trigo e o seu xefe (denominado ''rix''). Da súa relixión sábese pouco na realidade, aínda que circularon ao longo da historia lendas e contos sobre os seus deuses e os seus sacerdotes chamados [[druída]]s, dos que se descoñece case todo desde un punto de vista científico e crítico. En xeral, non buscaban a guerra como un fin para a súa expansión, pero eran terríbeis guerreiros. Tiñan por costume fabricar e beber [[cervexa]], cousa que os romanos nunca entenderon nin aprobaron, dado que eles eran moi afeccionados ao cultivo da vide. A maioría destes habitantes eran altos, rexos, louros ou rubios e con ollos azuis ou grises. Para os romanos eran pobos bárbaros, é dicir, pobos con costumes totalmente diferentes ás súas, aínda que consideraban avanzada a súa civilización, en especial as súas redes comerciais.
 
== Conquista romana ==