Séneca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 21:
 
Sen embargo, conforme [[Nerón]] foi medrando, comenzou a desprenderse da «benigna» influencia de Séneca, que co paso do tempo, ía perdendo influencia sobre o seu pupilo. Este, que demostrara unha natureza cruel ao facer asasinar ao seu irmán, pronto comenzou a escoitar os consellos de membros da peor ralea da sociedade romana, meros arribistas que, como [[Publio Sulio Rufo]], viron unha gran oportunidade para desprazar a Séneca do poder. Foi Rufo o que, no ano 58, acusou a Séneca de manter relacións sexuais con Agripina, co que deu orixe a unha campaña de desprestixio na que o filósofo foi acusado de extravagancia nos banquetes, hipocrisía e adulación nos seus escritos e, sobre todo, excesiva riqueza. De feito, é probable que a inmensa riqueza de Séneca propiciara a súa caída fronte a Nerón, o cal non toleraría que un particular puidese facerlle sombra nese aspecto.
 
== Caída e morte ==
No ano 59, [[Agripina]] foi asasinada por [[Nerón]], o que marcaría o comezo do fin de Séneca. Aínda que non estiveran involucrados, Séneca e Burro tiveron que levar a cabo unha campaña de lavado de imaxe pública do emperador co fin de minimizar o impacto do crime: Séneca escribiu a famosa carta ao Senado na que xustificaba a [[Nerón]] e explicaba que Agripina conspirara na contra do seu fillo. Posteriormente, este feito provocou acusacións de hipocresía contra Séneca. NO ano 62, cando Burro faleceu (probablemente asasinado), a situación de Séneca no poder volveuse insostible xa que perdeu boa parte do seu capital político e dos seus apoios. Ademais, a campaña de desprestixio privoulle a cercanía ao emperador, o cal, rodeado de aduladores como [[Tigelino]], [[Vitelio]] ou [[Petronio]], pronto comenzaría a falar de desembarazarse do seu vello tutor.
 
Así, ese mesmo ano, Séneca pediulle a Nerón retirarse da vida pública e ofreceulle toda a sua fortuna. O retiro foille concedido tácitamente, aínda que a fortuna non foi aceptada ata anos despois. Desta maneira, Séneca conseguiu retirarse da cada vez máis perigosa corte romana, e comenzou a pasar tempo viaxando polo sur de Italia coa súa segunda esposa, Paulina. Ao mesmo tempo, empezou a redactar unha das súas obras máis famosas, as ''[[Cartas a Lucilio]]'', auténtico exemplo de [[ensaio]], nas que ofrece todo tipo de sabios consellos e reflexións a Lucilio, un amigo íntimo que supostamente exercía como procurador romano en Sicilia. Esta obra serviría de exemplo e inspiración a [[Michel de Montaigne]] na redacción dos seus ''[[Ensaios (Montaigne)|Ensaios]]''.
 
==Obras==