Florencio Vaamonde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m obras
Ligazón RG
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Nado en Bergondo no seo de unha familia fidalga que en [[1878]] se trasladou á Coruña. Alí pasou a súa vida traballando como funcionario de Facenda. Florencio Vaamonde foi un escritor do [[Literatura galega do Rexurdimento|Rexurdimento]], preocupado pola lingua galega e polo esplendor da súa literatura. Foi un dos membros fundadores da [[Real Academia Galega]] ([[1906]]) e colaborou na ''[[Revista Gallega]]'' de [[Galo Salinas]]. Vaamonde Lores quixo introducir novas correntes e tendencias na nosa literatura. Quizais guiado pola súa condición de historiador, creou o primeiro poema épico escrito no noso idioma, ''Os Calaicos'' [[1894]], que canta as fazañas de [[María Pita]] (mito que sería modificado en épocas posteriores por motivos ideolóxicos). Da lectura das súas obras despréndese a vontade de crear unha lingua culta.
 
Alén disto, abrazou a ideoloxía [[Rexionalismo galego|rexionalista]] e acudiu aos faladoiros da [[Cova Céltica]], que se celebraban na libraría que [[Uxío Carré Aldao]] tiña na [[A Coruña|Coruña]].