Xoana I de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Algeciras>Alxeciras
lig int
Liña 23:
| mother =[[Isabel I de Castela]]
| date of birth =11 de Agosto de 1479
| place of birth =[[Toledo]], ([[Castela-A Mancha - Castilla-La Mancha|Castela]]).
| date of death =4 de Decembro de 1555
| place of death =[[Tordesillas]] ([[Castela e León - Castilla y León|Castela]])
| place of burial =[[Capela Real]], [[Granada, España|Granada]].|}}
 
Liña 41:
=== Arquiduquesa de Austria ===
[[Ficheiro:Juanna_Filips_Klein.jpg|miniatura|esquerda|300px|[[Filipe o Fermoso]] e Xoana I de Castela]]
Como era costume na Europa da época, Isabel e Fernando negociaron os matrimonios de todos os seus fillos co fin de aseguraren os seus obxectivos diplomáticos e estratéxicos. Conscientes das boas aptitudes de Xoana, e contando coa necesidade de reforzar os lazos co [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], que rexía [[Maximiliano I de Austria]], e a rivalidade cos cada vez máis hexemónicos monarcas franceses da dinastía da [[Casa de Valois]], os [[Reis Católicos]] ofreceron a Xoana ao fillo de Maximiliano, ''[[Filipe I de Castela|Filipe de Habsburgo]]'', [[arquiduque de Austria]], [[duque de Borgoña]], [[duque de Brabante|Brabante]], [[duque de Limburg|Limburg]] e [[duque de Luxemburgo|Luxemburgo]], conde de [[Flandres]], de [[Habsburgo]], de [[Hainaut]], de [[Holanda (rexión)|Holanda]], de [[Celandia - Zeeland|CelandiaZelandia]], do [[Rexión de Tirol|Tirol]] e de [[Artois]], señor de [[Antuerpen]] e [[Malines]], etc. A cambio deste enlace, os [[Reis Católicos]] pediron a man da filla de Maximiliano, [[Margarida de Austria]], como esposa para o príncipe [[Xoán de Aragón]]. Xoana de Castela xa fora considerada como posíbel prometida polo herdeiro francés dos Valois, e aínda en [[1489]] foi solicitada en matrimonio polo rei [[Escocia]], [[Xaime IV de Escocia|Xaime IV]], da [[Casa de Estuardo|dinastía Estuardo]].
 
A pesar da súa vontade de facerse [[monxa]], en [[agosto]] de [[1496]], tendo 16 anos, os seus pais embarcárona desde a praia cantábrica de [[Laredo, Cantabria|Laredo]], nun dos navíos xenoveses do capitán Juan Pérez. Mais a frota incluía, para demostrar o esplendor da [[Coroa de Castela|coroa castelá]] nas terras do Norte e, sobre todo para mostrar o seu poder ao hostil rei [[Francia|francés]], outros 131 buques, desde naos a [[Carabela (embarcación)|carabela]]s, e cunha tripulación de 15.000 homes. Xoana foi acompañada pola súa nai e os seus irmáns.
 
A travesía tivo algúns contratempos que obrigaron a buscar refuxio na [[Illa de Portland]], [[Inglaterra]], o [[31 de agosto]]. Cando finalmente a frota puido arribar a [[Middelburg]] ([[Celandia - Zeeland|CelandiaZelandia]]), unha das embarcacións [[Xénova|xenovesas]] que transportaba 700 homes, afundiuse, e con ela as vestimentas de Xoana e moitos dos seus efectos persoais.
 
Xa en terra [[Flandres|flamenga]], Xoana non foi recibida polo seu prometido, que se encontraba en [[Alemaña]], debido a unha artimaña que prepararan os conselleiros francófilos de Filipe, opostos ás alianzas pactadas polo seu pai, o emperador. Os sobreditos tentaron aínda, en [[1496]], e con Xoana xa na corte, convenceren a Maximiliano do inconveniente dunha alianza coa [[Coroa de Castela]] e, por contra, das virtudes dunha alianza co [[reino de Francia|reino francés]]. A cerimonia da voda con ''[[Filipe o Fermoso]]'' celebrouse o [[12 de novembro]] de [[1496]] en [[Liexa]]