André Vesalio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
a
Liña 26:
Impertérrito, continuou provocando controversias, esta vez non demostrando os erros de Galeno, senón de [[Mondino de Liuzzi]], e incluso de [[Aristóteles]]: os tres fixeran suposicións acerca da estrutura do corazón e as súas funcións que eran claramente erróneas. Por exemplo, Vesalio descubriu que o corazón tiña catro [[cavidade|cavidades]], que o fígado tiña dous [[lobo (anatomía)|lobos]], e que os vasos sanguíneos comezaban no corazón, e non no fígado.
 
=== ''De Humani Corporis Fabrica'' ===
[[Ficheiro:Vesalius Fabrica p190.jpg|dereita|miniatura|250px|A ''Fabrica'' de Vesalio contiña moitos debuxos extremadamente detallados de diseccións humanas, algúns deles en posturas alegóricas.]]
En [[1543]], Vesalio publicou en [[Basilea]] a súa obra en sete volumes ''De humani corporis fabrica'' (''Sobre a estrutura do corpo humano''), unha innovadora obra de [[anatomía humana]] que dedicou a [[Carlos I de España|Carlos V]]. Aínda que a autoría das ilustracións non está clara, considérase que é obra de varios autores, algúns procedentes do taller de [[Tiziano]] (como Jan Stephen van Calcar), e outros, como Domenico Campagnola ou o propio Vesalio. Poucas semanas despois publicou unha edición compendiada, para uso de estudantes, ''Andrea Vesalii suorum de humani corporis fabrica librorum epitome'', que dedicou ao príncipe [[Filipe II de España|Filipe]], fillo e herdeiro do emperador.
Liña 34:
Ademais de realizar a primeira descrición válida do [[esfenoide]], demostrou que o [[esterno]] consta de tres partes e o [[sacro]] de cinco ou seis; e describiu coidadosamente o vestíbulo do [[oído]] no interior do óso [[temporal (óso)|temporal]]. Verificou as observacións de Etienne acera das válvulas nas veas hepáticas, describiu a [[vea ácigos]], e descubriu no feto a canle que comunica a vea umbilical e a vea cava inferior, chamado desde entón ''[[ductus venosus]]''. Describiu tamén o [[omento]], e as súas conexións co [[estómago]], o [[bazo]] e o [[colon]]; ofreceu as primeiras nocións correctas sobre a estrutura do [[píloro]]; e observou o pequeno tamaño do [[apéndice vermiforme]] nos homes; deu as primeiras descricións válidas do [[mediastino]] e a [[pleura]], e a explicación máis correcta da anatomía do [[cerebro]] realizada até aquela data.
 
=== Médico imperial e real ===
 
Pouco despois da publicación da súa magna obra, lle foi ofrecido o posto de médico imperial na corte de Carlos V. Informou ao senado de Venecia de que deixaba o seu posto en Padua, o que impulsou ao duque [[Gran Ducado de Toscana|Cosme I de Medici]] a intentar convencelo de que se trasladase á universidade de Pisa, oferta que Vesalio declinou. Na corte tivo problemas nas súas relacións cos outros médicos, que o consideraban un "barbeiro".
Liña 42 ⟶ 41:
Tras a abdicación de Carlos V, continuou exercendo como médico na corte de Filipe II, quen o recompensou cunha pensión vitalicia e o nomeamento de conde palatino. En [[1562]] practicoulle unha trepanación ao [[Príncipe Carlos de Habsburgo]]. En [[1555]] publicou unha edición revisada do seu ''De Corporis''.
 
=== Morte ===
Condenado á fogueira por algunhas escuras prácticas, Filipe II cambiou esta sentenza por unha peregrinación a [[Terra Santa]], a cal emprendeu en [[1564]]. Embarcou coa flota veneciana de Giacomo Malatesta, vía [[Chipre]]. Cando chegou a [[Xerusalén]] recibiu unha mensaxe do senado de Venecia instándoo a aceptar o seu antigo posto na universidade de Padua, que quedara vacante á morte do seu amigo e alumno [[Gabriele Falloppio|Falopio]].