Denis Diderot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Pertencía á burguesía provinciana que só podía ascender mediante a carreira eclesiástica, en [[1728]] deixou ditos estudos. O seu desexo de progresar socialmente levouno a [[París]], onde entrou en contacto cos círculos literarios máis avanzados no cal coñeceu a Rousseau, d'Alembert e a Condillac. Diderot gañouse a vida como tradutor. Máis tarde, baixo o influxo de Shaftesbury, escribiu e publicou en [[1746]] ''Pensamentos filosóficos'', nese mesmo ano logrou formar ao redor del o grupo de intelectuais que se fará cargo da ''[[Encyclopédie|Enciclopedia]]''. É o autor máis completo do [[século XVIII]] francés, pois compón obras de todo tipo de xéneros que se poden encadrar nas tres tendencias literarias da época: [[Rococó]], nos seus comezos, [[Neoclasicismo]] e [[Prerromanticismo]], a partir do seu compromiso coa ''Enciclopedia''.
En [[1785]] Catalina II de Rusia adquiriu a biblioteca de Diderot, asignándolle a cambio unha pensión. Diderot residiu en San Petesburgo entre [[1773]] e [[1774]] dedicándose a elaborar proxectos de reforma. Durante os últimos anos da súa vida colaborou na obra ''Raynal, Historia das dúas Indias'', onde se considera que o comercio é o factor básico do progreso e da civilización.
 
=== Etapas na súa obra ===
* A súa ''primeira etapa'', ata [[1753]], significa a súa entrada no mundo literario francés. Os seus primeiros traballos xa son moi polémicos. En ''Pensamentos filosóficos'' ([[1746]]), defende a supremacía da razón sobre Deus. A tese, exposta en ''Carta sobre cegos'' de que a intelixencia humana non se debe a Deus, senón que se forma a través da experiencia e por medio dos sentidos levarao ao cárcere acusado de [[ateísmo]]. A este período tamén pertence a obra ''Les bijoux indiscrets'' (''As xoias indiscretas''), obra de ambiente galante e bastante frívola, na que denuncia os costumes cortesáns convertendo aos órganos sexuais femininos en narradores de sucesos que só eles coñecen. Diderot escribiu <<Non foron os metafísicos quenes infrinxiron os grandes golpes que feriron ao ateísmo. Para conmocionar ao materialismo, as sublimes meditacións de Malebranche e de Descartes non valían o que unha soa observación de Malpighi. Se hoxe se tambalea a perigosa hipótese materialista, o honor correspóndelle á física experimental. Só nas obras de Newton, de Musschenbroken, de Hartsoeker e de Nieuwentyt se atopan probas satisfactorias de existencia dun ser con perfecta intelixencia. Pero a grande empresa desta etapa foi a [[Enciclopedia]], que será determinante na súa obra literaria. Grazas ao labor destes grandes homes, o mundo xa non é un deus; é unha máquina coas súas rodas, as súas cordas, as súas poleas, os seus resortes e os seus pesos>>. Outra das cousas que Diderot escribiu foi: <<Que graves delitos-preguntouse- cometeron todos estosestes infelices? Algúns golpean con pedras o peito; outros desgarran o seu corpo con unllas de ferro; todos teñen nos seus ollos o remordemento, a dor e a morte. Quen os condenou a semellantes tormentos?... O Deus ao que ofenderon... Pero ¿quen é este Deus? Un Deus cheo de bondade... A casoAcaso un Deus cheo de bondade podería encontrar pracer en bañar as súas bágoas? Non serían quizais os seus terrores os que deberían ofender a clemencia de Deus? Que outra cousa farían os asasinos para aplacar os furores dun tirano?>> Nos pensamentos filosóficos Diderot móstrase deísta convencido.
O [[7 de xullo]] de [[1746]] o parlamento de París condenou o libro na fogueira porque era escandaloso e contrario á relixión.
 
* A ''segunda etapa'' da súa obra esténdese entre os anos [[1753]] e [[1761]]. Neste período, o autor céntrase no proxecto da [[Enciclopedia]] onde a partir de [[1759]] colaborou con d´Alembert na súa edición. É a primeira en incluír contribucións de diversas persoas, Voltaire, Rousseau ou Montesquieu. Tamén foi a primeira en incluír aspectos das artes mecánicas. En total comprendías 28 volumes con71818con 71818 artigos e 3129 ilustracións. De acordo a Diderot, o obxectivo da enciclopedia era "cambiar a fotmaforma de pensar da xente". O autor tamén se concentra na produción teatral, pola que adquire renome. O teatro de Diderot apártase das modalidades tradicionais e configura un novo xénero coñecido como [[drama burgués]] e definido polos seguintes trazos:
 
# Loubanza á burguesía e crítica ao clero.
Liña 21:
 
* A ''Terceira etapa'' da súa obra iníciase co recoñecemento internacional de Diderot en [[1761]]. A obra máis destacada desta etapa é ''Jacques o fatalista'', unha novela moi innovadora e libre na que o seu protagonista se sente perdido no labirinto do Estado. Con ela, Diderot abre a porta ao [[Romanticismo]] e anticipa un dos temas máis relevantes da [[novela existencial]] do [[século XX]].
{{Commonscat}}
 
{{ORDENAR:Diderot, Denis}}