Direccionalidade (bioloxía molecular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Nukleotid num.svg|miniatura|Unha molécula de [[furanosa]] (azucre ciclado) cos átomoa de carbono numerados segundo a notación estándar. O ADN e o ARN son sintetizados en dirección 5'-3'.]]
En [[bioloxía molecular]] e [[bioquímica]], a '''direccionalidade''' é [[extremo 3′]] a orientación química con respecto aos extremos dunha cadea de [[ácido nucleico]]. Os dous extremos dunha cadea de ácido nucleico denomínanse '''extremo 5 prima''' (5') e '''extremo 3 prima''' (3'). A convención química para numerar os átomos de carbono nun anel de [[furanosa]] dun [[nucleótido]] é utilizar "primas" cos números (e nas bases nitroxenadas números sen "primas"), polo que se fala de carbono 1' (un prima), 2' (2 prima), 3', 4' e 5'. Como os nucleótidos se unen uns a outros polos substituíntes unidos aos seus átomos 5' (onde está o fosfato) e 3' (onde hai un OH), os ácidos nucleicos teñen extremos 5' (onde está o fosfato terminal libre) e 3' (onde está o OH terminal libre). As posicións relativas das estruturas situadas ao longo da cadea do ácido nucleico, como os [[xene]]s e diversos sitios de unión de proteínas, xeralmente se di que están en dirección ao extremo 5' (o que se chama '''augas arriba''' ou '''''upstream''''') ou en dirección ao extremo 3' (o que se chama '''augas abaixo''' ou '''''downstream''''').
 
Esta convención é importante porque os ácidos nucleicos só se poden sintetizar [[in vivo]] en dirección 5'-3', porque a [[polimerase]] utilizada para sintetizar as novas cadeas une os novos nucleótidos ao extremo 3'-OH. Por convención, as secuencias de cada cadea de [[ADN]] e [[ARN]] escríbense en dirección 5'-3'.