Acción (finanzas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Unha '''acción''' é cada unha das partes alícuotas nas que se divide o [[capital social]] dunha [[sociedade anónima]], é un título de renda variable que confire ao titular o carácter de socio e unha serie de dereitos que deben estar estipulados nos estatutos da sociedade que as emite. Os estatutos determinarán a porcentaxe mínima de capital necesario, tanto para estar representado como para exercer o voto, cabendo a posibilidade de todos os xeitos do agrupamento de accións e accionistas para acadar os mínimos esixidos nos estatutos. Outro dos dereitos que confire a titularidade de accións é o de participar nos repartos de beneficios anuais (ou extraordinarios cando os houber) proporcionalmante ás accións que se posúan.
 
A diferenza entre unha acción e un [[Bono (músico)|Bonobono]] ou [[obriga]] radica en que coa acción se é dono dos activos da empresa, mentres que no caso de posuír un bono ou obriga soamente se adquire parte da débeda da empresa ou entidade emisora. No caso dos bonos ou obrigas, se é un acredor desa empresa, e se ten dereito á devolución da débeda cos seus [[xuro]]s. Son investimentos en renda fixa. Porén, no caso da acción se é propietario da devandita empresa, con maior risco de perda da inversión se o negocio vai mal, así como maior marxe de ganancia se vai ben.
 
== Clases de accións ==