Plauto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 676:
No tocante ás reminiscencias da comedia, a influencia do teatro de Plauto en Galicia e nos autores galegos é moi escasa, nada comparable ao que foi Plauto no resto de España. O pioneiro no campo das traducións é [[Aquilino Iglesia Alvariño]], que en 1962 publica unha versión de ''Aulularia'', co título ''A comedia da oliña.'' Trátase dunha tirada reducida feita pola [[Editorial Galaxia]] en Vigo. A obra foi estreada na Coruña o 9 de xullo dese mesmo ano polo “Teatro de Cámara”. O 9 de marzo de 1970 o “Teatro de Cámara Ditea” volve levar a escena a versión de Iglesia Alvariño, en Santiago de Compostela con motivo das xornadas conmemorativas do IX día mundial do Teatro. A tradución desta obra inscríbese nunha tendencia a facer versións das obras de teatro clásico e contemporáneo da literatura universal que se leva a cabo nos anos 60 e 70, nun momento no que a lingua comeza a sentirse forte. A idea é encher o baleiro de orixinais e así potenciar un teatro de calidade en galego á altura doutras linguas con máis tradición literaria e inscribir o teatro galego na cultura universal<ref>Lourenzo, M.-Pillado Mayor, F., ''O teatro galego'', Sada-A Coruña 1979 (páxs. 133-135).</ref>.
 
Plauto non volverá ser publicado en galego ata 1991, cando a colección “Clásicos en Galego” da [[Xunta de Galicia]] e Editorial Galaxia, edita ''O Anfitrión'' e ''Asinaria ''en tradución de Mercedes Boado e Mª Xesús Frei Collazo. Nunha segunda entrega, en 2001, aparece ''Aulularia ''en versión das mesmas filólogas e coa reedición da tradución de Aquilino Iglesia Alvariño. Tamén en 1999 Edicións Lea inclúe entre as traducións da súa colección de clásicos latinos dúas versións de Plauto, unha d' ''O Estico'' feito por F.J. Feijoo Lorenzo, e outra d' ''O Persa'' de J.A. Parada Yáñez. Non se pode deixar de sinalar que unha das últimas traducións ó castelán que se fixeron da obra completa do comediógrafo latino, ''Plauto. Comedias'', Cátedra, Madrid 1985 e 1995, débese a un galego, <ref>Román Bravo Díaz, catedrático''Plauto. deComedias''. latínEditorial doCátedra, IESMadrid “Sofía1985 Casanova”e de Ferrol1995</ref>. En catalán tamén están traducidas as obras completas, na prestixiosa colección da Fundació Bernat Metge, por <ref>M. Olivar, ''Plauto. Teatro completo'', Planetacolección Fundació Bernat Metge, Planeta Barcelona,. 1974</ref>. En Euskadi tan só hai unha tradución de ''Aulularia ''feita por <ref>Antonio María Labayen, ''Aulularia'', T.M. Plautoren, Lapikoa, publicada en. Bilbao en, 1969</ref>, curiosamente a única obra que ata hai pouco tiñamos traducida en Galicia. A fortuna de ''Aulularia ''pode deberse á popularidade que lle deu'' O Avaro'' de Molière, unha emulación que supera ó modelo. Outro título do legado de Plauto que hoxe podemos atopar nas nosas bibliotecas é ''A comedia da oliña''<ref>''A porcomedia da oliña'', Antonio Fontán. [[Editorial Galaxia no ano]], 1962</ref>.
 
No tocante ás representacións, E. Campos realizou unha versión de ''Aulularia ''para o grupo de teatro “Enxergo” de Ferrol en 1984. Esa mesma tempada a compañía de teatro “Achádego” de Lugo levou unha versión da mesma obra polos escenarios de Galicia, dentro do programa dos percorridos culturais da [[Consellería de Cultura e Turismo|Consellería de Cultura]] da Xunta. A influencia de Plauto sobre os autores dramáticos galegos é escasa e só hai unha obra inspirada nas súas comedias; a ''Farsa plautina'' de [[Agustín Magán]]. Esta comedia segue o mesmo procedemento de composición que o dramaturgo latino: a “contaminatio”. A obra foi publicada pola editorial [[Sotelo Blanco Edicións]] en Barcelona no 1993 e no prólogo alúdese ao procedemento seguido e ás fontes plautinas das que a obra é acredora: o ''Miles Gloriosus'', os ''Menecmos ''e o ''Gurgullo''. No ano 2003, Celso Parada realizou unha adaptación d’ ''A comedia do Gurgullo'' a partir dos textos do propio Plauto. Contou, para interpretala, cos actores e actrices do [[Centro Dramático Galego]]. O traballo deste equipo foi estreado no Gran Teatro de Elxe o día 18 de outubro de 2003 e no Salón teatro de Santiago de Compostela o día 24 do mesmo mes<ref name=":0" />.