Conversa Wikipedia:Nomes propios de persoas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 19:
* Hai outros persoeiros que foron coñecidos polo seu nome latino, como Colón, ou Erasmo, ou Karl von Linné, sobre os que seguimos criterios máis ou menos diverxentes. Eu entendo que deberíamos empregar, como tamén o propuña para os latinos, a forma común do seu nome máis achegada ao orixinal, evitando as traducións innecesarias. Así, redireccionaría a Erasmus, a Karl von Linné e... faría unha excepción unicamente con [[Cristovo Colón|Colón]]. A excepción faríaa unicamente porque con este persoeiro todas as linguas do mundo fan da súa capa un saio e porque, ademais, é complicado establecer cal foi o seu nome (por certo que este artigo ten un marcador de atención importante). A lóxica de empregar o seu nome orixinal (dentro da forma común) é a mesma que me fai propor Catullus (mantendo redirección desde Catulo). Ter un criterio máis estable, que non se poida expandir ata o infinito facendo traducións novas de nobres da corte bizantina ou o que sexa, e ao mesmo tempo, marcar a diferenza coa tradición da lingua española, que é moi respectable, pero que non ten que ser, por defecto, a da lingua galega. Iso é máis claro en nomes como Jules Verne, aínda que quizais debamos ter Xulio Verne (a denominación dominante na tradición castelánfalante, pero do que tamén hai rexistros reais en galego) como redirección.
* Mahoma é un caso excepcional porque... é unha palabra castelá, mentres que as palabras históricas galegas nos dá reparo usalas. Este persoeiro histórico recibiu o nome de Mafomede (e variantes) durante toda a Idade Media galega, esa é a forma da literatura premoderna galega... e... bueno, obviamente é unha proposta arriscada. Podo achegar unha referencia moderna, da miña autoría (moitos anos xa diso), pero ben sei que estou facendo trampa nos estándares wikipédicos: [http://vello.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=5&id=47728&cm=1 Mafomede en Vieiros]. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <small>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]]</small> 7 de marzo de 2014 ás 09:30 (UTC)
 
:Boas Xabier, respóndoche un pouco ao que dis:
:*Persoeiros da '''latinidade / idade antiga / baixa idade media / etc''': Evidentemente, no corpo do artido, han de figurar as dúas formas. Pero no caso do título temos que escoller unha, e o problema que lle vexo é que, sendo mais sinxelo empregar o nome orixinal, non podemos ser fonte primaria, e se a tradición galega emprega os nomes traducidos... pois é o que hai. En inglés é distinto, non é unha lingua latina e a distancia é maior...
:* Biblia / Corán / etc: de haber edición galega / tradición, o nome en galego, perfecto (xa fago este cambio).
:* Novamente o que comentas das tradicións... o problema é que non podemos ser fonte primaria! Certo é que o criterio que dis é mais sinxelo e sólido, mais non sei... a lingua orixinal é, nalgúns casos, difícil de determinar. Creo que neste aspecto concreto deberíamos ver a postura da comunidade...
:* Mahoma é un problema de carallo, porque até onde sei, en galego de toda a vida, sen ter en conta arcaísmos, é Mahomé. Mais a RAG da "Mahoma", e ahí se queremos ser consecuentes (Topónimos) temos que facer caso. Persoalmente o de "Mahoma" penso que é un despropósito, mais é o que hai... --[[Usuario:Norrin strange|Norrin_strange]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fala-me]])</sup> 8 de marzo de 2014 ás 11:45 (UTC)
 
==Santos==
Volver á páxina do proxecto "Nomes propios de persoas".