Lucas o Evanxelista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 56 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q128538
lig int
Liña 1:
[[Ficheiro:Melide Santa Maria San Lucas-retouched.jpg|miniatura|300px|Representación do evanxelista san Lucas, na ábsida da igrexa de Santa María de Melide.]]
'''San Lucas Evanxelista''' foi un médico xudeu helenizado do [[século I]], nado en [[Antioquía]] (actual [[Turquía]]), coñecido por ser un dos catro [[Evanxeo|evanxelistas]]. Como [[Marcos o Evanxelista|san Marcos]], non foi un dos doce [[apóstolo]]s. Ademais de considerárselle autor do terceiro [[evanxeo de Lucas|evanxeo]], tamén se lle atribúe a autoría dos [[Feitos dos Apóstolos]].
 
Liña 9:
Conta a tradición que foi pintor e especializouse en facer cadros da [[Virxe María|Virxe]], cadros que igrexas de [[Italia]] e [[Grecia]] afirman posuír. Converteuse ó [[cristianismo]] grazas ó apostolado de [[Paulo de Tarso|san Paulo]], a quen acompañou posteriormente (Paulo chamábao ''Lucas, o médico amigo'') e a quen viu martirizar e morrer en [[Roma]], con [[Pedro, papa|san Pedro]], e el mesmo morreu [[crucifixión|crucificado]], con [[André Apóstolo|santo André]], na cidade de [[Patras]] en Acaia, Grecia (na costa norte do [[Peloponeso]]); outras fontes din que morreu colgado dunha árbore. Aínda así, parece máis verosímil que morrese de vello, con 84 anos, en [[Beocia]] (actual Grecia).
 
Durante as [[Cruzadas]], as reliquias de san Lucas chegaron a [[Padua]] ([[Italia]]) e desde aquela se conservan na igrexa de Santa Xustina, agás o [[cranio]], que foi levado á catedral de San Vito, en [[Praga - Praha|Praga]], en [[1354]], por orde do emperador [[Carlos IV de Luxemburgo e do Sacro Imperio Romano Xermánico|Carlos IV]].
 
== Atributos ==