Pito de Pikasso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Pito de Pikasso é un grupo de Punk-Rock/Rock da zona de Compostela, que utiliza o galego coma lingua vehicular nas súas cancións. Mesturan os ritmos punkrock con letras cómica..."
 
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
'''Historia'''
 
''2004-2007 Inicios''
 
O grupo nace durante o 2004 en Compostela, cun obxectivo claro, facer punk-rock con letras surrealistas mesturadas con moi pouca vergoña sen máis intención que o rock como forma de divertimento propio e alleo.
 
A formación inicial foi : Guille (collón esquerdo/baixo), na batería (tronco): Milo, Miki Aceite Johnson (collón dereito / Guitarra Pajillera) e Luko (capullo/ Guitarra e Voz).
 
No 2004 deron o seu primeiro concerto en A Coruña.
Seguiron concertos por toda a xeografía galega durante o 2005 e 2006 e gravarían o que é unha "maqueta non oficial": "sigue por el recto". Non sería ata o 2007 cando comezaron con concertos relativamente importantes, compartindo escenario con grupos da talla de: Def Con Dos, Los Suaves ou acadando a final de diversos concursos a nivel galego. Tamén foi o ano no que editan a súa primeira maqueta, chamada “O Sentido está por vir” e que conta con 4 temas.
 
''2008-2012 Recoñecemento e renovación da formación''
No 2008 seguen dando concertos, no que comparten cartel con bandas coma Ruxe-Ruxe, The Homens, Cornelius ou Siniestro Total e tocando en diversos festivais da zona compostelá. No mes de setembro de 2008, entra Marek ao baixo, en substitución de Luigi, que entrara coma baixista tamén, no 2008. A formación final queda así: Milo (á batería/tronco):, Miki Spinelli (collón dereito/Guitarra Pajillera), Luko (capullo/ Guitarra e Voz) e Marek (Collón esquerdo / baixo).
 
No 2008 seguen dando concertos, no que comparten cartel con bandas coma Ruxe-Ruxe, The Homens, Cornelius ou Siniestro Total e tocando en diversos festivais da zona compostelá. No mes de setembro de 2008, entra Marek ao baixo, en substitución de Luigi, que entrara coma baixista tamén, no 2008. A formación final queda así: Milo (á batería/tronco):, Miki Spinelli (collón dereito/Guitarra Pajillera), Luko (capullo/ Guitarra e Voz) e Marek (Collón esquerdo / baixo).
 
En 2009 publican o seu primeiro traballo de larga duración "[http://www.otoxorabudonetlabel.blogspot.de/2010/01/pito-de-pikasso-kraksh-2009.html KRAKSH!¡!]" que segue a liña marcada polas anteriores maquetas “Sigue por el Recto (2006)” e “El sentido está por vir (2007)”. Inclúe temas coma "La trágica historia del niño huevo", "Las abuelas vengadoras", "Normal" "Pepinho" ou "Viaxe a Urano Este disco marcaría un antes e despois no grupo, xa que é o que lle dará un certo recoñecemento a nivel galego, realizando unha xira no 2009 para presentalo, no que darían 35 concertos, e no 2010 seguirían coa presentación alcanzando outros 20 concertos por toda a xeografía do país.
Gravado por Iago Pico en Pousada Son (Ames) www.pousadason.com
Deseño : ArisnPunk (www.arinspunk.com)
 
 
 
Liña 24 ⟶ 27:
 
No verán de 2012 entra Kike como guitarra en sustitucion de "Aceite Johnson" Spinelli.
 
''2013-... 3º disco e xira''
 
En 2013, Pito de Pikasso saca o seu 3º disco, "[http://www.otoxorabudonetlabel.blogspot.de/2013/05/pito-de-pikasso-arrock-con-chicharos.html Arrock con Chícharos]" , no que destacan temas coma: Toliños de amor, Moza de Plástico ou Éche o que hai. A xira de presentación faría que compartan cartel de grupos coma Heredeiros da Crus ou os denominados "Padriños do Rock & Roll Galego", Zenzar.
 
'''RECOPILATORIOS'''
 
Pito de Pikasso tamén colaborou en discos recopilatorios coma o "[http://www.otoxorabudonetlabel.blogspot.de/2010/05/vvaa-zona-norte-ortigueirarock-2010.html Zona Norte]" (recopilatorio reivindicativo, contra a falta de oportunidades que existen na zona de Ortegal, Eume, Ferrolterra e A Mariña Occidental, zonas do norte de Galiza. Tamén contra a falta de locais de ensaio e infraestructuras adecuadas, a falta de salas de concertos, e a falta de apoio institucional aos grupos locais, e co fin de estimular a creación de novas bandas emerxentes na zona.)
 
Tamén formaron parte no disco-homenaxe que realizaron diferentes bandas galegas (entre elas: Ruxe-Ruxe, Machina, Dios Ke Te Crew,....) aos "Padriños", ZENZAR polos seus 25 anos de existencia.