Ortigueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Engadín e re-estruturei o apartado "cultura" e actualización de "Goberno Municipal".
Liña 62:
 
==Xeografía==
O Concello de Ortigueira ten 214,9 km², sendoestando a súa densidade cercanaperta aos 40 habitantes por km². Conta con 22 parroquias.
 
A vía principal de comunicación é a estrada [[C-642]], que provén de [[Ferrol]] e atravesa o concello polo norte, a partir da cal se organizan o resto das estradas. Tamén pasa o [[camiño de ferro]] de [[vía estreita]] (FEVE) de Ferrol a [[Xixón]].
 
Ortigueira sitúase entre a [[serra da Capelada]] ao oeste e a [[serra da Coriscada]] e a [[serra da Faladoira]] ao leste. O relevo, consistente en materiais de [[lousa]], vai baixando cara á [[ría de Ortigueira]]. Estas aliñacións actúan como divisoria de augas entre os afluentes do [[río Sor]] e os que verten directamente na ría de Ortigueira ([[río Mera, ría de Ortigueira|Mera]], [[río Baleo|Baleo]], [[río Maior|Maior]], etc.), que son curtos e teñen unha pendente forte.
Liña 99:
{{AP|Eleccións municipais en Ortigueira}}
 
Nas [[Eleccións Municipais 2007 en Galicia|eleccións municipais de 2007]] o [[PPdG]] acadou de novo a maioría absoluta, con 8 concelleiros, manténdose coma alcalde [[Antonio Campo Fernández|Antonio Campo]]. O [[PSdeG]] acadou 3 concelleiros, e o [[BNG]] 2 e o Partido Independente 0. Porén, poucos meses despois, en outubro de 2007, Campo optou por abandonar a Alcaldía e adicarse por completo aos seus negocios persoais, que nunca deixara por completo durante a súa traxectoria política. [[Rafael Girón Martínez|Rafael Girón]] pasou a ser o novo alcalde.
 
Nas últimas eleccións municipais (2011), o PP, liderado por Rafael Girón acadaría 7 concelleiros, o PSOE, con Juán Muras, conseguíu 6 concelleiros, o BNG quedaría sen representación por escasamente 11 votos e o Partido Independente (formado por maioría de persoas do PSOE e do BNG) tamén quedaría sen representación.
 
==Economía==
Liña 109 ⟶ 111:
 
==Cultura==
'''Festival do Mundo Celta de Ortigueira'''
 
En Ortigueira celébrase a segunda fin de semana de xullo o [[Festival Internacional do Mundo Celta]] anualmente desde 1978 (con algunha interrupción nos primeiros anos). Na actualidade o festival cambiou o seu nome oficial polo de ''Festival de Ortigueira'', acollendo músicas de tipo folk alleas aos límites iniciais dos [[países celtas]].
 
 
'''Escola de Gaitas de Ortigueira'''
 
É unha das Asociacións Culturais máis importantes deste municipio, a Escola de Gaitas de Ortigueira é decana na súa labor de difundir e ensinar a música tradicional galega. Fundada en novembro de 1979 polo mestre de escola, Xabier Garrote Cobelo, xurdiu en resposta ás inquietudes dun grupo numeroso de persoas. A sinxela idea de ensinar a tocar a gaita a todos aqueles que o desexasen de forma gratuíta marcou o inicio na súa actividade. Actualmente está composta por: 27 gaiteiros, 6 caixas e tamborís, 3 cuncheiras, 9 pandereteiras, un bombeiro e un grupo de baile que xorde de entre as súas filas, a formación actual cobre de sobra as súas necesidades artístico-musicais.
 
 
'''Asociación Cultural Amigos del Arte de Ortigueira'''
 
É outras das asociacións máis importantes do concello. Desde 1984 conta con escolas de pinturas para nenos e adultos, gañando varios certames e premios importantes. Por esta escola pasaron nenos e adultos dos concellos veciños e as clases foron dirixidas por persoas coma: Antón Sobral, Manolo López-Quintana, Dory G. Granda. Actualmente imparte clases Andrés Urrutia. Esta asociación convocou o 1º Certame de Artes Plásticas de Ortigueira no ano1985 no que participaron artistas noveles e consagrados de toda Galiza.
 
 
'''Fiestas Patronais de Santa Marta'''
 
Celébranse en honra a Santa Marta, cuxa feesta é o 29 de xullo. Nestas festas soe haber interpretacións corais, actuacións das súas bandas e escolas municipais, organización procesións en coordinación coa parroquia local, entre as que destacan as da propia Santa Marta cada 29 de xullo, a de Santa María Magdalena uns días antes e a tradicional procesión da Virxe da Caridade do Cobre, Patrona de Cuba, que se trouxo desde A Habana no 1955 por emigrantes locais e que se convertíu, localmente, na "Patroa dos Emigrantes".
 
===Patrimonio===