R.U.R.: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 1:
{{título en cursiva}}
[[Ficheiro:Capek play.jpg|miniatura|Escena de ''R.U.R.'' amosando tres robots]]
'''''R.U.R.''''', subtitulada ''Rossumovi univerzální roboti'', é unha obra de [[teatro]] de [[ciencia ficción]] escrita polo autor checo [[Karel Čapek]]. A súa estrea foi en [[1921]] en [[Praga - Praha|Praga]], é famosa por utilizar por vez primeira o termo "[[robot]]".
 
== Desenvolvemento ==
 
A peza comeza nunha fábrica onde se fabrica xente artificial, chamada robots, que son máis semellantes á idea moderna de [[androide]] ou [[Clon (xenética)|clon]]s, xa que poden ser confundidos por humanos. Primeiro traballan felices para os humanos mais iso muda cando se produce unha revolta dos robots que acaba coa desaparición da raza humana.
 
== Adaptacións ==
 
O [[11 de febreiro]] de 1938, a [[BBC]] emitiu unha adaptación de 35 minutos para a televisión dunha parte da peza, foi a súa primeira produción de ciencia ficción<ref>[http://books.google.com/books?id=Bo_vcscFbZEC&printsec=frontcover&hl=en#v=onepage&q&f=false John R. Cook, Peter Wright ''British science fiction television: a hitchhiker's guide'', p. 5 ]</ref>. En 1941 [[BBC Home Service|BBC radio]] realizou unha versión para a radio e en 1948 realizou outra adaptación para a televisión, desta volta de toda a peza cunha duración de noventa minutos. Non se conserva ningunha desas adaptcións. O compositor checo [[Zdeněk Blažek]] realizou unha ópera en 1977 baseada na obra, e a BBC Radio 3 realizou unha nova dramatización en 1989.