Faro Villalbés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
recat
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Liña 3:
 
==Historia e características==
Subtitulado ''Periódico quincenal, paladín de Organización Republicana Agraria (ORGA)'', apareceu o [[22 de xaneiro]] de [[1932]]. Sufriu cambios no seu subtítulo, dependendo das circunstancias políticas: ''Periódico quincenal paladín del Partido Republicano Gallego'', ''Periódico quincenal paladín de Organización Republicana Agraria del Partido Republicano Gallego'' e ''Órgano de la Izquierda Republicana de Villalba''. O seu director era [[Ramón Taboada Fernández]] e, en 1936 cando pasou a denominarse ''Periódico independiente defensor de los intereses de la comarca villalbesa'', [[Antonio Quintela Ferreiro]] con [[Vicente Otero Cao]] como administrador. De tendencia republicana, denunciou activamente o caciquismo. Deixou de editarse en 1935 e apareceu de novo en 1936, nesa segunda etapa acentúase a tendencia galeguista-nacionalista.
 
Entre os seus colaboradores estiveron [[Carmen Prieto Rouco]], [[Alfonso Guizán]], [[Xesús Golmar]], [[Ramón Ferreiro Lago]] e [[Juan Rof Codina]]. Tamén apareceu algún artigo de [[Antón Vilar Ponte]]. Cesou a súa publicación co número 74, o [[28 de xuño]] de [[1936]] .