Abel Tasman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Descubridores mediante HotCat
Nova Celandia -> Nova Zelandia
Liña 5:
 
==Traxectoria==
Foi o primeiro europeo que chegou xunto á súa expedición á ''illa de Van Diemen'', hoxe coñecida como [[Tasmania]], e a [[Nova CelandiaZelandia]]. Ademais trazou mapas dunha gran parte das costas de [[Australia]]. O seu traballo foi investigar o territorio coñecido como "Nova Holanda", hoxe Australia, da que os holandeses descubriran a costa oeste e debían determinar se a zona pertencía á ''[[Terra Australis]]''. A ''VOC'' esperaba que Tasman puidese localizar un novo e inexplorado continente con fins comerciais.
 
Para facer isto, entre 1642 e 1643, navegou por primeira vez, partindo do porto de [[Xacarta]] (antes coñecido como Batavia) o [[14 de agosto]] de [[1642]], con dous pequenos [[barco]]s chamados "Heemskerck" e "Zeehaen" (''galo do mar''), primeiro ata a illa [[Mauricio]] (onde permaneceu por dous meses), e logo con rumbo este, máis aló das [[latitude]]s que foran exploradas polos holandeses.
Por este camiño, pasou de longo o continente australiano, pero, finalmente, o [[24 de novembro]] de [[1642]], descubriu a illa de [[Tasmania]], á que chamou "Terra de Van Diemen"; posteriormente os colonizadores británicos cambiáronlle o nome. Logo de investigar a zona, embarcouse e navegou máis cara ao leste, descubrindo [[Nova CelandiaZelandia]], á cal chamou "Staten Landt", coa teoría de que estaba conectada con algunha parte da [[Illa dos Estados]], ao sur de [[Arxentina]]. Logo navegou cara ao norte seguindo a costa da [[Illa Sur]], ancorando os seus barcos na baía Golden. Alí atopouse cun grupo de maorís, quen asasinaron a 4 dos seus mariñeiros; por iso chamou ao lugar "Baía dos asasinos". Saíu da illa e navegou cara ao norte, cruzando o [[Estreito de Cook]] que a separaba da [[Illa Norte]]. Tasman estaba convencido de que Nova CelandiaZelandia era parte da ''Terra Australis''. No seu regreso a Batavia, descubriu o arquipélago de [[Tonga]], o [[21 de xaneiro]] de [[1643]].
 
Na súa segunda viaxe, en 1644, seguiu a costa sur de [[Nova Guinea]], cara ao leste. Atravesou o Estreito de Torres que a separa de Australia e continuou a súa viaxe ao longo das costas australianas. Nesta viaxe trazou un primeiro mapa costeiro desta zona.
 
Desde o punto de vista da ''VOC'', as exploracións de Tasman foron decepcionantes, xa que non atopara un área promisoria para o comercio nin unha ruta marítima nova. Por máis dun século, ata a era de [[James Cook]], Tasmania e Nova CelandiaZelandia, non foron visitadas novamente polos europeos. Australia foi visitada pero xeralmente por accidente.
 
Abel Tasman faleceu en 1659 en Batavia (hoxe Xacarta), deixando á súa esposa Jannetje e á súa filla Claesgen, do seu primeiro matrimonio.
Liña 25:
** o ferry de pasaxeiros Abel Tasman.
* o [[Mar de Tasmania]].
* en Nova CelandiaZelandia, o [[Glaciar Tasman]] e o [[Parque Nacional Abel Tasman]].
{{ORDENAR:Tasman, Abel}}
{{commonscat|Abel Tasman}}