Plauto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 437:
Con todo, cómpre sinalar que o paso dunha escea a outra, tal e como se conserva hoxe no textos plautinos, esixiría que o escenario quédase baleiro polo cambio brusco de esceas e personaxes.
 
A desaparición do coro na comedia romana implica a fonda transformación da comedia cara o melodrama. A estrutura das pezas plautinas ven determinada non por elementos externos, senón pola organización da acción en “exposición”, “nó” e “desenlace”. Os críticos consideran hoxe que esa gran variedade de metros e ritmos é unhas das novidades máis salientables da obra plautina fronte o modelo da Comedia Nova alexandrina, sobre todo no que atinxe os ''cantica'', que se converten nun compoñente máis da acción teatral, aínda que en número variable e non predeterminado. O ''canticum'' non é xa un intermedio na acción, senón unha parte esencial da peza teatral. A realización dunha escea mediante esta fórmula revela a enorme independencia artística de Plauto.<ref name=":0">''A comedia do Gurgullo ''do [[Centro Dramático Galego]], 2003, pola [[Xunta de Galicia]]. Inspirado na obra do mesmo nome dirixida por Celso Parada e coa información do estudo crítico de Teresa Amado e Eva Castro. ISBN 84-453-3642-5.</ref>
 
== Prólogo ==
Liña 678:
Plauto non volverá ser publicado en galego ata 1991, cando a colección “Clásicos en Galego” da [[Xunta de Galicia]] e Editorial Galaxia, edita ''O Anfitrión'' e ''Asinaria ''en tradución de Mercedes Boado e Mª Xesús Frei Collazo. Nunha segunda entrega, en 2001, aparece ''Aulularia ''en versión das mesmas filólogas e coa reedición da tradución de Aquilino Iglesia Alvariño. Tamén en 1999 Edicións Lea inclúe entre as traducións da súa colección de clásicos latinos dúas versións de Plauto, unha d' ''O Estico'' feito por F.J. Feijoo Lorenzo, e outra d' ''O Persa'' de J.A. Parada Yáñez<ref>Non se pode deixar de sinalar que unha das últimas traducións ó castelán que se fixeron da obra completa do comediógrafo latino, ''Plauto. Comedias'', Cátedra, Madrid 1985 e 1995, débese a un galego, Román Bravo Díaz, catedrático de latín do IES “Sofía Casanova” de Ferrol. En catalán tamén están traducidas as obras completas, na prestixiosa colección da Fundació Bernat Metge, por M. Olivar, ''Plauto. Teatro completo'', Planeta, Barcelona, 1974. En Euskadi tan só hai unha tradución de ''Aulularia ''feita por Antonio María Labayen, T.M. Plautoren, Lapikoa, publicada en Bilbao en 1969, curiosamente a única obra que ata hai pouco tiñamos traducida en Galicia. A fortuna de ''Aulularia ''pode deberse á popularidade que lle deu'' O Avaro'' de Molière, unha emulación que supera ó modelo</ref>. Outro título do legado de Plauto que hoxe podemos atopar nas nosas bibliotecas é ''A comedia da oliña'' por Antonio Fontán. Editorial Galaxia no ano 1962.
 
No tocante ás representacións, E. Campos realizou unha versión de ''Aulularia ''para o grupo de teatro “Enxergo” de Ferrol en 1984. Esa mesma tempada a compañía de teatro “Achádego” de Lugo levou unha versión da mesma obra polos escenarios de Galicia, dentro do programa dos percorridos culturais da [[Consellería de Cultura e Turismo|Consellería de Cultura]] da Xunta. A influencia de Plauto sobre os autores dramáticos galegos é escasa e só hai unha obra inspirada nas súas comedias; a ''Farsa plautina'' de [[Agustín Magán]]. Esta comedia segue o mesmo procedemento de composición que o dramaturgo latino: a “contaminatio”. A obra foi publicada pola editorial [[Sotelo Blanco Edicións]] en Barcelona no 1993 e no prólogo alúdese ao procedemento seguido e ás fontes plautinas das que a obra é acredora: o ''Miles Gloriosus'', os ''Menecmos ''e o ''Gurgullo''. No ano 2003, Celso Parada realizou unha adaptación d’ ''A comedia do Gurgullo'' a partir dos textos do propio Plauto. Contou, para interpretala, cos actores e actrices do [[Centro Dramático Galego]]. O traballo deste equipo foi estreado no Gran Teatro de Elxe o día 18 de outubro de 2003 e no Salón teatro de Santiago de Compostela o día 24 do mesmo mes<ref name=":0" />.
 
Se ben nestes campos a influencia é escasa, no referente ao teatro escolar as cousas son diferentes, quzais polo tipo de humor sinxelo de Plauto que chega con facilidade ós máis novos. No ano 1998 o grupo “Apeirón” da Facultade de Filoloxía puxo en escena ''Os Xemelgos'' na Vª Mostra de Teatro Universitario Galego. Ademais tódolos anos hai varias representacións de Plauto feitas por alumnos galegos de ensino medio como complemento ás clases de Latín ou Cultura Clásica. Estas teñen un público reducido, xeralmente só o do propio centro, pero cumpren a función de difundir a obra do comediógrafo latino e ir familiarizando aos rapaces co teatro clásico. Hai que salientar neste traballo o grupo “Sardiña”, formado por alumnos do IES “A“[http://www.edu.xunta.es/centros/iessardineira/ Sardiñeira”A Sardiñeira]” e “Elviña”“[http://www.edu.xunta.es/centros/ieselvina/ Elviña]” da Coruña, guiado polos catedráticos de latín dos institutos Ricardo Martín e Beatriz Martín. Constituíuse en 1983 e está especializado no teatro plautino, aínda que nos últimos tempos comezou a incorporar tamén a traxedia grega no seu repertorio. Fixeron xa máis de 400 representacións dentro da nosa Comunidade e tamén fóra, sobre todo no marco do Festival Europeo de Teatro Greco-Latino de Segóbriga, así como en diversos lugares de Italia. Hoxe en día outros grupos como Parrocha, El Ruiseñor e [http://www.edu.xunta.es/centros/ieselvina/ Noite Bohemia], seguen a traballar no cultivo do teatro grecolatino, sendo estes últimos recentes gañadores a nivel estatal do 2º Premio no Certame Candilejas Don Bosco e cunha Mención Especial Buero Vallejo pola mellor adaptación de texto na obra ''Aulularia ''de Plauto. No 2013 tamén se fixeron co Primeiro Premio na Modalidade “A Comedia Latina”.
 
No ano 2003, Celso Parada realizou unha adaptación d’ ''A comedia do Gurgullo'' a partir dos textos do propio Plauto. Contou, para interpretala, cos actores e actrices do [[Centro Dramático Galego]]. O traballo deste equipo foi estreado no Gran Teatro de Elxe o día 18 de outubro de 2003 e no Salón teatro de Santiago de Compostela o día 24 do mesmo mes<ref name=":0">''A comedia do Gurgullo ''do [[Centro Dramático Galego]], 2003, pola [[Xunta de Galicia]]. Inspirado na obra do mesmo nome dirixida por Celso Parada e coa información do estudo crítico de Teresa Amado e Eva Castro. ISBN 84-453-3642-5.</ref>.
 
==== Festival de teatro grecolatino de Lugo ====