Viktor Yanukovych: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Personalidades en progreso}} miniatura|Viktor Ianukóvich en 2010. '''Viktor Fédorovich Ianukóvich''' (en lingua ucraína..."
 
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación
Liña 1:
 
{{Personalidades en progreso}}
[[Ficheiro:Viktor Yanukovych 27 April 2010-1.jpeg|miniatura|250px|Viktor Ianukóvich en 2010.]]
'''Viktor Fédorovich Ianukóvich''' (en [[lingua ucraína|ucraíno]] '''Віктор Федорович Янукович'''; en [[lingua rusa|ruso]] '''Ви́ктор Фёдорович Януко́вич'''), nado en [[Ienákiievo]], [[óblast]] de [[Donetsk]], [[Ucraína]], o [[9 de xullo]] de [[1950]], é un [[política|político]] [[Ucraína|ucraíno]] que foi presidente de Ucraína.
 
É o líder do [[Partido das Rexións]], un ds principais [[partido político|partidos políticos]] de Ucraína. Foi xefe do Goberno ucraíno durante tres períodos, e presidente do país.
 
Foi destituido pola [[Rada Suprema]] (Parlamento) o [[22 de febreiro]] de [[2014]] tras as protestas que desencadeou na súa contra a revolución do [[Euromaidán]] en [[Kíev]].
 
== Traxectoria ==
Na súa xuventude estivo dúas veces na cadea cumpriendo condenas por cometer delitos comúns. As dúas penas condenárono a un total de 5 anos de cárcere. O 15 de [[decembro]]
de [[1967]] foi condenado a 3 anos de prisión por delito de atraco, como membro da banda criminal "Pivnovka",<ref>[http://www.pravda.com.ua/news/2006/8/4/45617.htm Ukrainska Pravda 04.08.2006: Primer Ministro Yanukóvich, o la biografía extraoficial, para aquellos que se han olvidado]</ref> aínda que apena foi rebaixada a 1,5 anos con motivo do 50º aniversario da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución bolxevique]],<ref>[http://www.pravda.com.ua/news/2004/6/9/9815.htm Ukrainska Pravda 09.06.2004: Excursión por los lugares de Gloria de Yanukóvich.]</ref> pero o [[8 de xuño]] de [[1970]] foi condenado de novo, a dos anos de prisión, por causar graves feridas nunha pelexa.<ref>[http://www.pravda.com.ua/news/2006/8/4/45617.htm Ukrainska Pravda 04.08.2006 Primer Ministro Yanukóvich, o la biografía extraoficial, para aquellos que se han olvidado]</ref> Con estes antecedentes é considerado un duro.<ref>[http://www.elsiglodetorreon.com.mx/noticia/121213.convocan-huelga-politica-en-ucrania.html El Siglo de Torreón, 25.11.2004. Convocan huelga política en Ucrania]</ref>
 
En canto á súa vida política, foi [[gobernador]] do [[óblast]] de [[Donetsk]] (a súa cidade natal) de [[1997]] a [[2002]]. Foi primeiro ministro de Ucraína en dous períodos, desde o 21 de novembro de [[2002]] até o 31 de decembro de [[2004]], e desde o 4 de agosto de [[2006]] até o 16 de novembro de [[2007]], cando renuncia tras as eleccións dese ano.
 
Foi o segundo candidato máis votado nas eleccións presidenciais ucraínas de [[2004]], e o seu partido o máis votado nas eleccións lexislativas de [[2006]] e [[2007]]. Nas eleccións presidenciais de [[2004]], sendo primeiro ministro, foi candidato a presidente co apoio do presidente [[Leonid Kuchma]], contra o candidato opositor [[Viktor Iúshchenko]]. Para evitaren a posíbel vitoria de Iúshchenko, os partidarios de Ianukóvich denunciaron [[fraude electoral]], declarándoo gañador. Este feito provocou a [[Revolución laranxa]], e a revogación, por decisión do Tribunal Supremo de Ucraína, dos resultados das eleccións, e convocando outras, que gañou Iúshchenko, polo que Ianukóvich viuse obrigado a dimitir como primeiro ministro. Novamente presentouse ás eleccións presidenciales de [[2009]], nas que obtivo a vitoria sobre a súa rival [[Iulia Timoshenko]] co 52 % dos votos. Tomou posesión do cargo en [[2010]].
 
O [[3 de xullo]] de [[2012]] aprobouse unha lei que outorgaba ao [[lingua rusa|ruso]] o carácter de lingua cooficial, xunto co ucraíno, en [[Crimea]] e na parte oriental do país. En realidade, Ianukóvich pretendía que o ruso fora cooficial en toda Ucraína, pero iso implicaba unha emenda constitucional que requiría a aprobación de polo menos 300 deputados.<ref>"Kiev apacigua a los defensores del ruso". ''La Voz de Galicia'', 05/03/2014.</ref>
 
A popularidade de Ianukóvich empezou a decaer cando, no mesmo ano de 2012, producíronse protestas contra o enxuizamento e arresto da líder opositora, líder do bloque prooccidental e dereitista, Iulia Timoshenko. Como resposta, os líderes occidentais europeos boicotearon a [[Eurocopa 2012]], celebrada en [[Polonia]]-[[Ucraína]].<ref>Agás Mariano Rajoy, que asistiu á final, que gañou España.</ref> As protestas fotron aínda maiores cando, a finais de xullo, aprobou mediante lei a implantación do [[ligua rusa|ruso]] como segunda lingua oficial, coa finalidade de colleitar votos das provincias do leste e do sur que, como vimos, contan ccinha gran porcentaxe de poboación rusófona.
 
O pasado delituoso de Ianukóvich foi un dos argumentos dos seus opoñentes durante a Revolución laranxa]].<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2004/12/20/internacional/1103566026.html Yúshchenko acusa a Yanukóvich en televisión de robarle la victoria]</ref> Os partidarios de Ianukóvich alegaron que en [[1978]] o Tribunal Rexional de Donetsk lle quitara as sancións, e que por iso en [[1980]] puido ingresar no [[Partido Comunista da Unión Soviética]], despois de graduarse na Universidade Técnica Nacional de Donetsk (por correspondencia) como enxeñeiro mecánico. Os opositores afirmaron que esta absolución do Tribunal Rexional era unha falsificación.
 
O [[8 de febreiro]] de [[2005]], a fiscalía de Donetsk reiniciou as investigacións sobre esta acusación. E en xuño determinou que durante o período de 2002 a 2004 os partidarios de Ianukóvich falsificaran estes documentos, e que os documentos orixinais de 1978 desapareceran.<ref>[http://glavred.info/archive/2006/07/21/153018-16.html Glavred.info 21.07.2006]</ref> O 25 de xaneiro de 2006 o ministro do Interior, Iuri Lutsenko,declarou que a investigación dos documentos sobre a suposta anulación dos antecedentes penais demostrara que estes documentos foran falsificados.<ref>[http://korrespondent.net/ukraine/politics/143172 Glavred.info]</ref>
 
Durante a súa estadía no poder, Ianukóvich obtivo os títulos de doitor en Ciencias Económicas e Profesor. Os seus opositores afirmaron que obtivo os títulos inmerecidamente e usando os mecanismos do poder.<ref>[http://www.pravda.com.ua/news/2004/9/21/12046.htm La planilla llenada por Yanukóvich a mano, con numerosos errores ortográficos]</ref>
 
En clara alusión a Ianukóvich, o [[24 de setembro]] de [[2007]], [[Iulia Timoshenko]], líder do bloque que leva o seu nome (BYUT), propuxo prohibir por lei que as persoas con antecedentes penais poidan ocupar altos postos do Estado, en particular, os de presidente, primeiro ministro, deputado, membro do goberno, xuíz e fiscal:
{{cita|''"En todos os países civilizados, os delincuentes postos en liberdade tras cumprir a condena encóntranse baixo un rigoroso control da sociedade e os respectivos organismos controladores. No mellor dos casos, danlles un traballo que non ten grande importancia social. Só aquí, en Ucraína, tales individuos non encontran ningún obstáculo para pretender a presidencia do país, ser primeiro ministro, ou diputado. Cómpre poñer fin a esta práctica. Se tales personas non se van elas mesmas, as quitaremos do poder pola lei."''<ref>[http://ukranews.com.ar/index.php?option=com_content&task=view&id=20 Ukranews, 24.09.2007: Timoshenko propone prohibir a las personas con antecedentes penales ocupar altos puestos de Estado]</ref>}}
 
== Revolución do Euromaidán ==
{{AP|Euromaidán}}
[[Ficheiro:Євромайдан 02 лютого 2014 Київ.JPG|250px|miniatura|Manifestantes na Praza da Independencia (Maidán) en [[Kíev]].]]
O [[30 de marzo]] de [[2012]] Ianukóvich e os líderes da [[Unión Europea]] asinan un tratado de adhesión de Ucraína á UE. Porén, este tratado non se leva a cabo pois unha das exixencias para a unión era a liberación de Timoshenko e Lutsenko. As negociacións estancaríanse durante un ano.
 
Meses antes do inicio das protestas, Ianukóvich promete ao pobo levar a cabo as reformas necesarias para que Ucraína entre na UE. A razón disto foi a caída da produción industrial que estaba sufrindo o país ao longo de [[2013]]. Ianukóvich asistiu ao cumio da UE os días 28 e 29 de novembro de 2013 en [[Vilnius]] (onde orixinalmente estaba previsto que o Acordo de Asociación se asinase o 29 de novembro de 2013). Pero o acordo nom se asinou.
 
[[Rusia]] prometeu axudar economicamente a Ucraína se esta desistía das súas aspiracións europeístas.
 
O [[21 de novembro]] de [[2013]] estala en [[Kiev]] unha serie de concentracións organizadas sobre todo por gupos [[fascismo|fascistas]], como "Svodoba" (Libertade), na Praza da Independencia, exixindo ao Goberno retomar o diálogo coa Unión Europea. A concentración aglomerou a centos de miles de persoas, de variadas ideoloxías, na praza e nas rúas adxacentes, con discursos diarios de líderes políticos opositores e iconas culturais estranxeiros que viñan en sinal de motivación e apoio.
 
A comezos de xaneiro de [[2014]] as protestas foronn radicalizándose e expandíndose ao longo do centro e o oeste do país, de maioría nacionalista e ucraínofalante, e con algúns focos no leste, maioritariamente rusofalante e rusófila, porque xa non só a exixencia era o cambio económico cara a [[Europa]], senón o cambio total de goberno.
 
A noite entre o 19 e o 20 de febreiro, Ianukóvich e os principais líderes da oposición ([[Vitali Klitschko|Vitali Klichkó]], [[Arseni Iatseniuk]] e [[Oleg Tiagnibok]]) acordaron unha tregua e o desarmamento das barricadas colocadas na praza da capital anteriormente como medida de contención ás forzas policiais.
 
== Fuxida e destitución ==
O [[21 de febreiro]] aprobouse un acordo entre Ianukóvich e a oposición para adiantar as eleccións, formar un Goberno de transición, volver á Constitución de 2004 −a cal conta con emendas respecto á Constitución de 1996− e frear a violencia. Na madrugada do 21 ao 22 de febreiro, o presidente Viktor Ianukóvich, sen pasar pola súa residencia en [[Mezhyhirya]], onde varios camións e helicópteros recollían os seus enseres, e sen informar ao Parlamento, abandoou a capital e desapareceu en dirección descoñecida. O 22 de febreiro, pola mañá, a Rada Suprema (Parlamento) tomou o control do país votando, por maioría, a volta á Constitución de 2004, acordada o día anterior.
 
Só despois de dita volta ao sistema político parlamentario, en lugar do presidencial, [[Aleksandr Turchínov]] asumiu a presidencia do Parlamento, previa renuncia por escrito do presidente anterior, [[Vladímir Ribak]], que excusou a súa ausencia á sesión plenaria por motivos familiares. Ao día seguente, Turchínov foi nomeado así mesmo, primeiro ministro en funcións col fin de realizar a coordinación das tarefas do Goberno.
 
== Asilo na Federación Rusa ==
O 28 de febreiro Ianukóvich reapareceu en [[Rostov do Don]], en territorio da [[Rusia|Federación rusa]], onde ofreceu unha conferencia de prensa.<ref>[http://internacional.elpais.com/internacional/2014/02/28/actualidad/1393594278_802845.html Yanukóvich niega desde Rusia legitimidad al Parlamento ucranio]</ref> relatando a traxectoria da súa fuxida e denunciando un presunto golpe de Estado.
 
O deposto presidente de Ucraína afirmou que segue considerándodose o xefe de Estado lexítimo de Ucraína, e pedíu a [[Rusia]] que garanta a súa seguridade, solicitude que xa foi satisfeita, segun fontes locais rusas.
 
== Mensaxe e situación de Crimea ==
 
Yo, Víktor Fiodorovich Yanukóvich, me dirijo al pueblo de Ucrania. Como antes, me considero el jefe legítimo del Estado ucraniano, elegido por la voluntad libremente expresada de los ciudadanos ucranianos", señala el texto. "Lamentablemente, todo lo que ocurre ahora en la [[Rada Suprema]] (legislativo) de [[Ucrania]] no es legítimo", añade.
 
Yanukóvich ha asegurado que las decisiones que se adoptan en estos momentos en el [[Parlamento]] se toman en ausencia de muchos de los miembros del Partido de las Regiones -su propia formación- y de otros grupos, que temen por su vida, y alguno de los cuáles fueron víctimas de violencia y se vieron obligados a abandonar Ucrania de manera ilegal.
 
"Es evidente que el pueblo en el sureste de Ucrania y [[Crimea]] (zonas rusohablantes) no acepta el vacío de poder y lo que está ocurriendo en el país, cuando los dirigentes de los ministerios son elegidos por una muchedumbre en una plaza", ha añadido Yanukóvich.
 
El depuesto presidente ucraniano también ha afirmado que cualquier orden que se dé a las Fuerzas Armadas y a los servicios de seguridad para intervenir en los asuntos internos políticos del país será ilegal y criminal. Y ha anunciado que está determinado a luchar hasta el fin por el cumplimiento de "los importantes acuerdos alcanzados para sacar a Ucrania de su profunda crisis política", en referencia al acuerdo que él suscribió el 21 de febrero con la entonces oposición y la mediación de la Unión Europea.
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Revolución laranxa]]
* [[Viktor Iúshenko]]
* [[Euromaidán]]
* [[Historia de Ucraína]]
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://www.ya2008.com.ua/eng/ Páxina persoal de Viktor Ianukóvich]
* [http://www.kmu.gov.ua/kmu/control/en/publish/article?showHidden=1&art_id=85175689&cat_id=1290720&ctime=1184067660889 Portal oficial do Goberno de Ucraína, Biografía de Viktor Ianukóvich] {{en}}
* [http://www.cidob.org/es/documentacion/biografias_lideres_politicos/europa/ucrania/viktor_yanukovych Biografía de Viktor Ianukóvich polo CIDOB] {{es}}
 
{{sucesión
| título=[[Ficheiro:Большой_герб_Донецка.png|25px|center]][[Gobernador]] de [[Donetsk]]
| período=[[1997]]-[[2002]]
| predecesor= [[Volodímir Sherban]]
| sucesor= [[Anatoli Bilzniuk]]
| título2=[[Ficheiro:Lesser Coat of Arms of Ukraine.svg|25px|center]] [[Primeiro ministro de Ucraína]]
| período2=[[2002]]-[[2005]]
| predecesor2= [[Anatoli Kínai]]
| título3=[[Ficheiro:Party of Regions Ukraine logo.svg|45px|center]]Líder do Partido das Rexións
| período3=[[2003]]-[[2010]]
| predecesor3= [[Volodímir Seminózhenko]]
| sucesor3= [[Mikola Azarov|Mikola Azárov]]
| sucesor2= [[Iulia Timoshenko]]
| título4=[[Ficheiro:Lesser Coat of Arms of Ukraine.svg|25px|center]] [[Primeiro ministro de Ucraína]]
| período4=[[2006]]-[[2007]]
| predecesor4= [[Iuri Ieianúrov]]
| sucesor4= [[Iulia Timoshenko]]
| título5=[[Ficheiro:Lesser Coat of Arms of Ukraine.svg|25px|center]] [[Presidente de Ucraína]]
| período5=[[2010]]-[[2014]]
| predecesor5= [[Viktor Iúshenko]]
| sucesor5= [[Aleksandr Turchínov]]
}}
 
{{ORDENAR:Ianukóvich, Viktor}}
 
[[Categoría:Presidentes de Ucraína]]
[[Categoría:Primeiros ministros de Ucraína]]
[[Categoría:Políticos de Ucraína]]
 
{{Link GA|uk}}