Gran Premio dos Estados Unidos de 1959: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nova Celandia -> Nova Zelandia
Liña 39:
O '''Gran Premio dos Estados Unidos de 1959''' foi unha carreira de automobilismo de [[Fórmula Un]], celebrada o 12 de decembro de 1959 no circuíto de [[Circuíto Internacional de Sebring|Sebring]]. Foi a novena e última carreira da tempada de Fórmula Un de {{f1|1959}}. Foi o segundo [[Gran Premio dos Estados Unidos]] (noveno incluíndo as carreiras do Gran Premio de América de 1908 a 1916). Foi a primeira e única ocasión na que levouse a cabo a carreira na sede da carreira de resistencia das [[12 Horas de Sebring]], no [[Circuíto Internacional de Sebring]] na Florida. A carreira levouse a cabo sobre 42 voltas ao circuíto de 8´36 quilómetros de lonxitude, cunha distancia total de carreira de 351 quilómetros.
 
A carreira foi gañada polo neozelandés [[Bruce McLaren]] pilotando un [[Cooper T51]] para o equipo oficial [[Cooper Car Company | Cooper]], a primeira vitoria dun piloto nado en [[Nova CelandiaZelandia]]. McLaren tamén se converteu no gañador máis novo dun Gran Premio, unha marca que permanecería durante máis de 40 anos. McLaren gañou por seis décimas de segundo sobre o piloto francés [[Maurice Trintignant]] pilotando un Cooper T51 do equipo [[Rob Walker Racing Team]]. O piloto británico [[Tony Brooks]] terminou terceiro no seu [[Ferrari 246 F1 | Ferrari Dino 246]]. O líder do campionato o australiano [[Jack Brabham]] quedou sen combustible na última volta e tivo que empuxar o seu Cooper T51 ata a liña de meta para terminar cuarto. O terceiro posto de Brooks deu o título a Brabham. Foi o primeiro dos tres campionatos do mundo para Brabham, o primeiro para un australiano, e para un coche con motor traseiro.
 
Esta foi a última carreira ata o [[Gran Premio de Mónaco de 1994]] na que ningún ex campión do mundo estaba na pista.