Carta xeométrica de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XAVIER (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
XAVIER (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Magna obra realizada por [[Domingo Fontán]] na que investiu dezasete anos da súa vida ([[1817]]-[[1834]]). Esta obra vai se-lo primeiro mapa feito en [[España]] con métodos cientificos e medicións matemáticas. Para cartografiar [[Galicia]] aproveitou os avances científicos, provintes sobre todo de Francia, e estableceu unha rede xeodésica, establecendo puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos estronómicos, empregando instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago adquiridos en [[París]] e [[Londres, ]]. Para elo tomou como punto cero a torre da Berenguela, na catedral compostelá. En [[1817]] vai inicia-los traballos da Carta, realizada a unha escala 1:1.000.000, non sendo ata [[1830]] cando obtén o apoio oficial para redacta-la, quedando exento de impartir clases na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Para realizar esta Carta tivo que percorrer a pé e a cabalo toda Galicia. Nela aparecen localizadas as 4.000 igrexas das parroquias galegas e tódolos accidentes xeograficos importantes, acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite. En 1834 remata os traballos da Carta, presentandollela a raiña María Cristina, que dará orde de imprimila. Ata [[1845]] non foi posible a impresión, tendo que ser impresa en Paris[[París]], baixo a súa dirección, por L. Boufard.