Diferenzas entre revisións de «Comité Olímpico Internacional»

lig ints
(lig ints)
O '''Comité Olímpico Internacional''' ('''COI''') (en inglés: ''International Olympic Committee'', ''IOC'', en francés: ''Comité international olympique'', ''CIO'') con sede en [[Lausana]], foi creado o [[23 de xuño]] de [[1894]] polo Barón [[Pierre de Coubertin]] en [[París]] co fin de revivir os antigos [[Xogos Olímpicos|xogos olímpicos]] [[Antiga Grecia|gregos]].
 
O COI coordina as actividades do [[Movemento Olímpico]]. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós [[Xogos Olímpicos]]. É dono de todos os dereitos asociados ós símbolos olímpicos, a bandeira, himno, lema, xuramento e xogos. Controla os dereitos de transmisión dos Xogos, a publicidade e demais actividades conforme a Carta Olímpica. É o organismo internacional encargado de organizar e seleccionar as cidades que serán sedes dos Xogos Olímpicos cada 4 anos.
</center>
 
== Reunións do COI ==
 
Desde a súa fundación, o COI, realizou unha serie de reunións de alto nivel onde se discutiu o pasado, presente e futuro do movemento olímpico internacional. Divídense en dous tipos, a saber:
 
=== Congresos do COI ===
 
Nos congresos, 13 na súa totalidade, celebrados en períodos de tempo irregulares, trátase sobre temas de importancia referentes ó movemento olímpico internacional nese momento; ademais exponse, discútese e conclúese sobre o nivel e historial olímpicos acadados ata ese momento e a súa proxección cara ó futuro.
* '''I''' - [[París]], [[1894]]
* '''VI''' - [[París]], [[1914]]
* '''VII''' - [[Lausanne]], [[1921]]
* '''VIII''' - [[Praga - Praha|Praga]], [[1925]]
* '''IX''' - [[Berlín]], [[1930]]
* '''X''' - [[Varna]], [[1973]]
* '''XIII''' - [[Copenhague]], [[2009]]
 
=== Sesións do COI ===
 
As Sesións do COI son xeralmente reunións de membros do COI onde se somete a votación cuestións ou accións a tomar referentes ó movemento olímpico. É o órgano supremo do COI e as súas decisións son finais. Cada membro do COI ten dereito a voto.
 
* Determinar que deportes formarán parte do calendario olímpico e cales non.
 
==Véxase tamén==
== =Ligazóns externas ===
* [http://www.olympic.org/ Web oficial do COI]