Diferenzas entre revisións de «Carta xeométrica de Galicia»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
Magna obra realizada por Domingo Fontán na que investiu dezasete anos da súa vida (1817-1834). Esta obra vai se-lo primeiro mapa feito en España con métodos cientificos e medicións matemáticas. Para cartografiar Galicia aproveitou os avances científicos, provintes sobre todo de Francia, e estableceu unha rede xeodésica, establecendo puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos estronómicos, empregando instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago. Para elo tomou como punto cero a torre da Berenguela, na catedral compostelá. En 1817 vai inicia-los traballos da Carta, relizadarealizada a unha escala 1:1.000.000, non sendo ata 1830 cando obtén o apoio oficial para redacta-la, quedando exento de impartir clases na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta Carta aparecen localizadas as 4.000 igrexas das parroquias galegas e de tódolos accidentes xeograficos importantes, acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite. En 1834 remata os traballos da Carta, presentandollela a raiña María Cristina, que dará orde de imprimila. Ata 1845 non foi posible a impresión, tendo que ser impresa en Paris.
221

edicións